Cantón de Xura
Jura (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Capital | Delémont | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Escindido de | Berna (1978) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.419 (2018) (87,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 838,51 km² | ||||
Altitude | 435 m | ||||
Punto máis alto | Mont Raimeux (en) (1.301 m) | ||||
Punto máis baixo | Rio Allaine (pt) (364 m) | ||||
Comparte fronteira con | Basilea-Campo Cantón de Soleura Territorio de Belfort Cantón de Neuchâtel Alto Rin Berna Doubs Alsacia (–2015) Franco Condado (–2015) Borgoña-Franco Condado (2016–) Gran Leste (2016–) | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1979 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Parliament of Jura (en) , (Escano: 60) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CH-JU | ||||
Código NUTS | CH025 | ||||
Páxina web | jura.ch | ||||
O cantón de Xura (en francés: République et Canton du Jura, en arpitano: Rèpublica et Quenton du Jura, alemán: Republik und Kanton Jura, en italiano: Repubblica e Canton Giura, en romanche: Republica e Chantun Giura) é un cantón da confederación Suíza. É o máis moderno dos cantóns suízos, fundado en 1979 trala súa escisión do Cantón de Berna.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O cantón de Xura atópase situado na parte noroccidental de Suíza. O territorio consiste maioritariamente na cordilleira do Xura na parte sur, e no altiplano de Jura na parte norte, onde se atopa a rexión de Ajoie.
Ao norte e oeste limita coa Francia, ao leste cos cantóns de Soleura e Basilea-Campo e ao sur cos de Berna e Neuchâtel. Os ríos Doubs e Birs bañan a rexión. O Doubs únese ao Saona para desembocar no Ródano, mentres que o Birs e tributario do Rin.
Historia
[editar | editar a fonte]Tratase do cantón suízo de fundación máis recente (1979). Separouse do cantón de Berna influído pola fenda lingüística, cultural e económica que existe entre ambas as comunidades. No Jura fálase francés, mentres que en Berna fálase alemán.
A capital e Delémont, cunha poboación aproximada duns 14.000 habitantes (agosto de 2004).
O Jura é un dos poucos cantóns suízos onde a maioría da poboación está a favor da integración de Suíza na Unión Europea.
O cantón é coñecido tamén pola antiga asociación de reloxeiros anarquistas, a Federación do Xura.
Institucións
[editar | editar a fonte]O poder lexislativo esta en mans do parlamento do Jura. Está formado por 60 membros (deputados) elixidos por escrutinio proporcional polos electores das tres circunscricións electorais. O parlamento é escollido cada catro anos.
O poder executivo é detentado polo Goberno do Jura, equivalente ao "Conseil d'État" (consello de estado) nos demais cantóns da Romandía (zona francófona). Está composto de 5 membros (ministros) elixidos por sufraxio maioritario.
Os partidos políticos actuais[cando?] son:
- Parti démocrate-chrétien jurassien (PDC) democracia cristiá 19 deputados
- Parti socialiste jurassien (PSJ) socialismo, socialdemocracia 13 deputados
- Parti libéral radical jurassien (PLRJ) dereita, liberalismo 11 deputados
- Parti chrétien-social indépendant (PCSI) socialcristianismo, esquerda cristiá 9 deputados
- Parti ouvrier et populaire jurassien (POP) comunismo, esquerda radical 3 deputados
- Union démocratique du centre (UDC) extrema dereita, conservadorismo, populismo 3 deputados
- Les Verts jurassiens ecoloxismo, esquerda 2 deputados
- Combat socialiste (CS) esquerda radical
- Parti Radical Réformiste (PRR) centrismo
- Jeunesse socialiste et progressiste jurassienne (JSPJ) socialismo
- Union démocratique fédérale (UDF) conservadorismo, evanxelismo