Cambroeira
- Ter en conta que co termo cambrón ou espiño cambrón desígnanse diferentes especies: "Crataegus monogyna" (estripeiro ou escambrón) ou "Pyrus cordata" (pereira brava). Tampouco confundir coa camariñeira ou camariña ("Corema album" (L.) D. Don.).
Lycium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lycium barbarum (que dá as bagas de goxi) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
distribución natural
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto |
Co termo cambroeira ou cambrón[1] desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xénero Lycium (da familia solanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños.[2] A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.
Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.
Especies
[editar | editar a fonte]A distribución xeográfica da súa diversidade é tal que en América do Norte hai unhas 20 especies, 30 en América do Sur, 30 en África, 10 en Eurasia e unha en Australia.
Listaxe parcial:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego do xénero en varias fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definición no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cambroeira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cambroeira |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hitchcock, Charles Leo. "A Monographic Study of the Genus Lycium of the Western Hemisphere." Annals of the Missouri Botanical Garden, v. 19, no. 2/3 (abril 1932), pp. 179–348, 350-366.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Project Lycieae Homepage Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Lycium species records from GRIN