[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Buddleja davidii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Buddleja davidii é unha especie pertencente á familia das escrofulariáceas. Orixinaria do noroeste da China e o Xapón, o seu uso estendeuse como planta ornamental polos xardíns de todo o mundo, pero en moitos lugares comportouse como especie exótica invasora.

Inflorescencia.
Vista da planta.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Arbusto perennifolio que alcanza uns 2-3 m de altura. Follas lanceoladas, de cor verde pola face e esbrancuxada polo envés. Entre primavera e outono, as súas ramas arqueadas portan nos seus extremos flores agrupadas en inflorescencias densas, de diversas cores segundo a variedade, moi perfumadas. Estas atraen ás bolboretas, que se alimentan do seu néctar.

Require chans lixeiros, ben drenados, aínda que aguanta os calizos. Clima tépedo, resistindo o frío sen dificultade. Exposición asollada. Débese podar anualmente no inverno, para que se produzan novos brotes que florecerán nos seus extremos. Reprodúcese por esqueixes, en invernadoiro de multiplicación.

Especie invasora

[editar | editar a fonte]

Buddleja davidii naturalizouse en Australia[1] e na maior parte de cidades do centro e sur de Europa, onde se estende con facilidade por baldíos e xardíns. Pode ser invasora en moitas rexións, incluíndo as Illas Británicas e Nova Zelandia. Ademais, nos Estados Unidos, naturalizouse a partir de escapes de cultivos, e foi clasificada como planta daniña nos estados de Oregón e Washington.

En España

[editar | editar a fonte]

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Buddleja davidii foi descrita por Adrien René Franchet e publicada en Nouvelles arquives du muséum d'histoire naturelle, sér. 2, 10: 65. 1887.[3]

Etimoloxía

Buddleja: nome xenérico outorgado en honra de Adam Buddle, botánico e reitor en Essex, Inglaterra.

davidii: epíteto outorgado en honra de Armand David, un misioneiro naturalista francés que a descubriu en 1869.

Sinonimia:

Bolboreta aliméntadose sobre unha variedade branca.
  • Buddleja shaanxiensis Z.Y.Zhang
  • Buddleja shimidzuana Nakai
  • Buddleja striata Z.Y. Zhang
  • Buddleja striata Z.Y. Zhang ex Govaerts
  • Buddleja striata var. zhouquensis Z.Y. Zhang
  • Buddleja variabilis Hemsl.
  • Buddleja variabilis var. magnifica E.H.Wilson
  • Buddleja variabilis var. nanhoensis Chitt.
  • Buddleja variabilis var. prostrata C.K.Schneid.
  • Buddleja variabilis var. superba Veitch
  • Buddleja variabilis var. veitchiana Veitch
  • Buddleja variabilis var. wilsonii E.H.Wilson
  1. "Buddleja davidii". Australian Plant Name Index (APNI), IBIS database. Centre for Plant Biodiversity Research, Australian Government, Canberra. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2023. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  2. "Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.". Boletín Oficial del Estado. 
  3. "Buddleja davidii". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nouv. Arch. Mus. Hist. Nat. sér. 2, 10:65. 1887
  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Data from 07-Oct-06]. Buddleja davidii en GRIN
  • AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  • Correa A., M.D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  • Flora of China Editorial Committee. 1996. Flora of China (Myrsinaceae through Loganiaceae). 15: 1–387. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
  • Hokche, O., P.E. Berry & O. Huber. 2008. 1–860. In O. Hokche, P.E. Berry & O. Huber Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  • Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Norman, E. M. 1982. 176. Buddlejaceae. 16: 1–24. In G. W. Harling & B. B. Sparre (eds.) Fl. Ecuador. University of Göteborg and Swedish Museum of Natural History, Göteborg and Stockholm.
  • Voss, E. G. 1996. Michigan Flora, Part III: Dicots (Pyrolaceae-Compositae). Cranbrook Inst. of Science, Ann Arbor.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]