Budare
O budare (ou aripo no oriente venezolano) é unha prancha circular de orixe prehispánica. É tradicional da gastronomía venezolana e está feita de ferro fundido ou arxila. Úsase para cocer ou torrar alimentos como arepas, cachapas, casabe de iuca, mañoco ou café, entre outros.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo «budare», de orixe taína, asóciase cos vocábulos «buran» e «burén».[1]
Na illa de Margarita, no estado de Nueva Esparta, os budares son un pouco máis pequenos e delgados. Reciben o nome de «aripos», vocábulo cumanagoto[1] do cal se cre que deriva o termo «arepa».
Un dos rexistros históricos destes termos atópase na obra do século XVI Viaje y descripción de las Indias, de Galeoto Cey:[1]
Unha vez exprimida a reladura da iuca, sácana destes recipientes ou "sebucanes", que queda como aserrín, e sobre o lume teñen torteiras de terra, grandes como unha rodela, que nas Indias chaman aripos ou burenes.Galeoto Cey
Así mesmo, consérvase outro rexistro na obra El Orinoco ilustrado y defendido, do misioneiro xesuíta Joseph Gumilla:[1]
Amoreado o aserrín da iuca vinte e catro horas, toma punto como a masa de trigo, e entón, nuns ladrillos delgados e anchos, que chaman budare, debaixo dos cales arde o lume, van tendendo aquela masa feita tortaJoseph Gumilla
Características e usos
[editar | editar a fonte]A forma actual do budare desenvolveuse no século XVIII.[1] Os budares modernos son de ferro, aceiro ou aluminio. Con frecuencia reciben un tratamento chamado «curado» ou «curación» para que os alimentos non se adhiran demasiado á súa superficie. Unha alternativa máis moderna aínda é o budare revestido de teflón.
Para cociñar o casabe e o mañoco úsanse budares moi grandes, de 80 cm ou máis de diámetro. Estes colócanse directamente sobre o lume de leña.
Instrumentos similares
[editar | editar a fonte]En México e algúns países de América Central existe un utensilio similar, o «comal».[1] Así mesmo, na Amazonía do Perú existe unha versión chamada «blandona».
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Moreno, Víctor (9 de setembro de 2016). "El budare". Consultado o 2022-02-04.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |