Brink (videoxogo)
Brink (videoxogo) | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Splash Damage |
Distribuidora(s) | Bethesda Softworks, Valve Corporation |
Lanzamento | 10 de maio de 2011 |
Xénero | videoxogo de disparos en primeira persoa, videoxogo de ciencia ficción e post-apocalyptic video game |
Modos de xogo | 1 Jugador, Multijugador |
Clasificación | PEGI: 16+ |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, PlayStation 3, Xbox 360 |
Na rede | |
http://www.brinkthegame.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Brink é un videoxogo de disparos en primeira persoa desenvolvido por Splash Damage e distribuído por Valve Corporation e Bethesda Softworks para PlayStation 3, Xbox 360 e Microsoft Windows. Foi lanzado o 10 de maio de 2011 en Estados Unidos e o 13 de maio do mesmo ano en Europa e Australia. O videoxogo de Splash Damage e Bethesda é gratuíto en Steam.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A auga inundou todo o mundo coñecido. Só a cidade chamada "O Ark" sobrevive a este desastre. Construída como a nova esperanza da humanidade, a cidade, (ou como é chamada no xogo, simplemente "O Ark") lentamente estivo decaendo nas epidemias e enfermidades. Debido a isto xorden 2 faccións: A Seguridade e A Resistencia.
A Seguridade
[editar | editar a fonte]Os seus intereses céntranse en salvar o Ark. A Resistencia cre que no exterior aínda hai vida, e aínda que A Seguridade négao, coñecen a verdade. Anos atrás enviaron un equipo da Seguridade ao exterior para pedir axuda. Capturaron ao equipo e o torturaron para que confesasen onde se atopaba o Ark, así que tiveron que trasladalo. Por ese motivo queren impedir que A Resistencia salga ao exterior. Se completamos a campaña con este bando, o Ark recuperará o seu esplendor e A Resistencia será sometida.
A Resistencia
[editar | editar a fonte]Os seus intereses céntranse en escapar do Ark. Combaten contra A Seguridade porque non queren perder máis cidadáns debido a que cren que escapar do Ark significa unha morte segura, e que moitos cidadáns máis poderían imitalos. Se completamos a campaña con este bando, verase unha escena na que un barco solitario se afasta do Ark, cara a un destino incerto.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Un dos aspectos que os desenvolvedores resaltaron foi que o xogo sería especialmente realista, e unha das frases do xogo é "Non só un heroe máis", debido a que, en termos básicos, o personaxe ten a mesma saúde e velocidade que os outros xogadores, sexan humanos ou bots. Tamén hai diferentes tipos de soldado, cada un coas súas propias habilidades, os cales poden ser cambiados nos postos de mando que están en diferentes lugares do xogo. Tamén temos a opción de personalizar o noso personaxe con diferentes armas, roupa, accesorios, armaduras e habilidades especiais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brink, una de las apuestas más arriesgadas de Bethesda, pasa a ser gratuito en Steam". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019.