Brian Cook
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1980 (43 anos) Lincoln, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Lincoln Community High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 117 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Norm Cook | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | briancook.net |
Brian Joshua Cook, nado o 4 de decembro de 1980 en Lincoln, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Na súa tempada coma rookie, Cook xogou pouco, xa que era suplente do pivote estrela Shaquille O'Neal, e maiormente xogaba polo interior, lanzando tan só cinco intentos de tres puntos dun total de 141 tiros de campo intentados. Con todo, Cook converteuse nun xogador que podía xogar no perímetro, despois de que Shaq fora traspasado aos Miami Heat, e Phil Jackson deixara o posto de adestrador en favor de Rudy Tomjanovich. Foi usado coma especialista de triplas en moitas ocasións; 199 de 422, un 47.2% dos tiros de campo intentados foron dende a liña de 3 puntos. Cando retornou Phil Jackson aos Lakers na tempada 2005-06, Cook tirou dende o perímetro en menos ocasións, o que fixo que as porcentaxes de tiros de campo pasaran dun 41.7% na tempada 2004-05 a un 52.0% na 2005-06, e tamén mellorou a súa porcentaxe en tiros de 3 anotados, dun 39.2% a un 44.1%. A súa melloría no xogo fixo que tamén aumentaran os seus minutos de xogo, ata 19.4 minutos por encontro na tempada 2005-06.
O 20 de novembro de 2007, Cook e o seu compañeiro Maurice Evans foron traspasados aos Orlando Magic, a cambio de Trevor Ariza.[1]
O 19 de febreiro de 2009, Cook foi traspasado aos Houston Rockets nun traspaso a 3 bandas, no que estaban tamén os Memphis Grizzlies e os Orlando Magic. En Houston, Cook coincidiu un tempo co seu excompañeiro en Illinois Luther Head, antes de ser enviado este último aos Miami Heat.[2] O 19 de febreiro de 2010, Cook foi despedido polos Rockets.[3]
O 9 de xullo de 2010, Cook asinou polos Los Angeles Clippers.[4]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Washington Wizards, nun traspaso a tres bandas entre os Wizards, os Los Angeles Clippers e os Denver Nuggets. O 28 de outubro de 2012, os Wizards cortaron a Cook.[5]
O 30 de setembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[6] Foi cortado polos Jazz o 26 de outubro de 2013.[7]
O 25 de setembro de 2014, asinou cos Detroit Pistons.[8] Foi cortado polos Pistons o 20 de outubro de 2014.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magic Acquire Brian Cook and Maurice Evans From L.A. Lakers Retrieved 2007-11-20
- ↑ "Magic to acquire Alston in 3-team deal". ESPN.com. Consultado o 2009-02-19.
- ↑ Cook to be Waived by Rockets Arquivado 01 de outubro de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ "CLIPPERS SIGN FREE AGENT FORWARD BRIAN COOK". NBA.com. 2010-07-09. Consultado o 2010-07-10.
- ↑ "Wizards Waive Cook and Mack". 28 de outubro de 2012.
- ↑ Utah Jazz Signs Three Free Agents
- ↑ "Utah Jazz waive Brian Cook, Dominic McGuire, Justin Holiday, Lester Hudson and Scott Machado". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 09 de decembro de 2014.
- ↑ Detroit Pistons Sign Four to Training Camp Roster
- ↑ "Pistons release Thabeet, three others". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2014. Consultado o 09 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Web oficial (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en sportsstas.com (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en Illinois
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Washington Wizards