Breed 77
Breed 77 | |
---|---|
Paul Isola tocando nun concerto en Xibraltar o 3 de setembro de 2005. | |
Orixe | Xibraltar, Reino Unido |
Período | 1996 — presente |
Xénero(s) | Metal alternativo Flamenco metal[1] |
Selo(s) discográfico(s) | Albert Productions (RU) Pagana Records (España) Flight Records (Xapón) |
Membros | Paul Isola Danny Felice Stuart Cavilla Pedro Caparros López Óscar Zamora |
Artistas relacionados | Black Sabbath, Ill Nino, Machine Head, Soil, Mägo de Oz |
Na rede | |
http://www.breed77.net | |
Breed 77 é un grupo musical con orixe en Xibraltar de metal alternativo con influencias do flamenco.
Historia
[editar | editar a fonte]Paul Isola, Danny Felice e Stuart Cavilla eran antigos amigos do colexio e reuníronse en Londres para formar un grupo que inicialmente chamouse Gibraltarian Mafia, pero cando se formou realmente o grupo buscaron un nome que reflectise as súas orixes conxuntas e chamáronse simplemente Breed (galego: raza). O grupo viuse forzado a cambia-lo seu nome xa que este xa estaba rexistrado por Steve Hewitt (membro de Placebo) coma nome da súa compañía discográfica, pasándose a chamar finalmente Breed 77.
O seu primeiro disco con nome homónimo, Breed 77, editouse en novembro de 2001, sendo reeditado en abril de 2005 debido á súa boa acollida. O segundo álbum Cultura saíu á venda o 3 de maio de 2004 acadando o número 61 nas listas de vendas do Reino Unido e o número 3 da lista de álbums de rock máis vendidos. O seu terceiro álbum In my blood (En mi sangre) foi lanzado internacionalmente o 11 de setembro de 2006. Este álbum foi producido por Ron Saint-Germain que xa traballara con grupos coma Soundgarden, Tool, Creed e Bad Brains.
En xaneiro do 2007, o grupo sacou en iTunes un adianto do seu disco Un Encuentro, o cal saíu á venda en formato CD el 7 de maio de 2007. O quinto álbum de estudio, Insects, saíu ao mercado a finais do 2009.[2]
As xiras musicais feitas polo grupo leváronos a tocar xunto a grupos internacionais coma Black Sabbath, Machine Head, Danzig, Ill Niño, Korn, Napalm Death e Mägo de Oz.
Membros
[editar | editar a fonte]- Paul Isola - voz, djembe, percusión (1996-presente).
- Danny Felice - guitarra, coros (1996-presente).
- Stuart J. Cavilla - baixo (1996-1999, 2000-presente).
- Pedro José Caparrós - guitarra, coros (2002-presente).
- Óscar Zamora - batería e outras percusións (2007-presente).
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- Lawrence Bautista - batería (1996–1997).
- Nick Beefly - batería (1997–1998).
- Charlie Gomez - baixo (1999–2000).
- Dan Wilkinson - baixo (2000).
- Peter Chichone - batería e outras percusións (1998–2006).
- Adam Lewis - batería e outras percusións (2006–2007).
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Breed 77 (2001)
- Cultura (2004)
- In my blood (En mi sangre) (2006)
- Un encuentro (2007)
- Insects (2009)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- La última hora (2003)
- The river (2004)
- World's on fire (2004)
- Shadows (2005)
- Alive (2006)
- Blind (2006)
- Look at me now (2007)
- Mundo en Llamas (2008)
EPs
[editar | editar a fonte]- The message (1998)
- Vol. 1 (1999)
- La última hora (2003)
- Shadows (2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC Electric Proms - Breed 77 (en inglés)
- ↑ Insects - New Breed 77 album Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)