Borsele
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Zelandia | ||||
Capital | Borssele (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.818 (2021) (117,3 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 9.293 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 194,52 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Hoedekenskerke (en) , Q35030404 , Q35030737 , 's-Heerenhoek (en) , Baarland (en) , Heinkenszand (en) , Nisse (en) , Kloetinge (en) , Driewegen (en) , Ovezande (en) e Borssele (en) | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Borsele (en) | Jaap Gelok (pt) (2002–sen valor) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4430–4459 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0113 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | borsele.nl | ||||
Borsele é un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. O nome do municipio escríbese cun só "s", mentres que o do núcleo da poboación principal se escribe con dobre "s" (Borssele).
Economía
[editar | editar a fonte]En Borssele hai unha planta de enerxía nuclear cun reactor de auga presurizada (PWR) cunha potencia neta de 452 MW, a única planta nuclear en funcionamento para a produción de electricidade nos Países Baixos. A autorización de explotación prorrogouse até o ano 2033, vinte anos máis da data de peche inicialmente prevista (ano 2013).
O centro COGEMA reprocesa o material fisionable gastado en La Hague, na Baixa Normandía (Francia). Parte do tratamento do residuo nuclear, é dicir, os produtos do reprocesado que non son reutilizables, son devoltos aos Países Baixos, onde son almacenados no COVRA, (Almacén Central para os Residuos Nucleares), que se atopa tamén en Borssele e que é a localización nacional para tódolos residuos nucleares. Dispón dunha superficie suficiente para os próximos 100 anos.
Núcleos de poboación
[editar | editar a fonte]Baarland, Borssele, Driewegen, Ellewoutsdijk, 's-Gravenpolder, 's-Heer Abtskerke, 's-Heerenhoek, Heinkenszand, Hoedekenskerke, Kwadendamme, Lewedorp, Nieuwdorp, Nisse, Oudelande e Ovezande.
Transporte
[editar | editar a fonte]O túnel Western Scheldt vai de Ellewoutsdijk a Terneuzen en Zeeuws-Vlaanderen.