Bobadilla, Antequera
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bobadilla.
Bobadilla, tamén coñecida como Bobadilla Pueblo, é unha localidade española do municipio de Antequera, na provincia de Málaga, Andalucía. Encóntrase situada ao oeste do termo municipal, a pouca distancia da estación homónima, un dos nós ferroviarios máis importantes de Andalucía, tanto en pasaxeiros coma en mercadorías.
Foi municipio independente ata 1857, data na que foi anexionado a Antequera.[1] É un pequeno núcleo de casas brancas rodeadas por oliveiras. As súas festas celébranse no mes de agosto.