[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Berria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Berria (en éuscaro Nova) é un xornal de información xeral de pago, e distribución matinal editado en lingua éuscara.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi fundado no 2003 para ocupar o baleiro de Euskaldunon Egunkaria, clausurado por decisión xudicial, publicando a súa primeira edición o 21 de xuño do 2003.

Edítao a empresa Euskal Komunikabideen Elkartea. Ten a súa sede social e rotativa na localidade guipuscoana de Andoain, e véndese en todos os territorios de ámbito lingüístico vasco. Dispón de delegacións en Bilbao, Pamplona, Vitoria e Baiona. É membro de MIDAS (Minority Dailies Association).

O seu director é Martxelo Otamendi.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]