Benazir Bhutto
Aparencia
Mohtarma Benazir Bhutto, en urdú بینظیر بھٹو, nada en Karachi o 21 de xuño de 1953 e finada en Rawalpindi o 27 de decembro de 2007, foi unha política paquistaní, dúas veces primeira ministra de seu país, tornándose a primeira muller a ocupar un cargo de xefe de goberno dun Estado musulmán moderno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Benazir Bhutto foi educada en Harvard e en Oxford, no Reino Unido, onde estudou Ciencias Políticas e Filosofía. Filla do primeiro ministro Zulfikar Alí Bhutto (1971-1977), ela volveu ao Paquistán en 1977, cando o xeneral Muhammad Zia Ul-Haq aplicou un golpe de Estado e depuxo seu pai, executado en 1979. Benazir asumiu, ao lado da nai, o liderado do Partido Popular do Paquistán (PPP).
Foi asasinada a tiros en Rawalpindi o 27 de decembro de 2007.