Banda de mulleres
Unha banda de mulleres é un grupo musical na música popular que está exclusivamente formado por músicos femininos. Trátase dun concepto distinto a un girl group, no cal os membros femininos son unicamente vocalistas, aínda que esta terminoloxía non é moi estrita. Mentres que as bandas formadas totalmente por homes son moi comúns en moitas escenas do pop e do rock, as bandas de mulleres son pouco habituais.
Primeira metade do século XX
[editar | editar a fonte]Na era do jazz e durante os anos 30, bandas de mulleres como The Blue Belles, The Parisian Redheads (posteriormente The Bricktops), Lil-Hardin's All-Girl Band, The Ingenues, The Harlem Playgirls dirixidas por artistas como Neliska Ann Briscoe e Eddie Crump, The International Sweethearts of Rhythm, Phil Spitalny's Musical Sweethearts, e Helen Lewis and Her All-Girl Jazz Syncopators eran bastante populares. Realizáronse ducias de películas nos primeiros tempos do cine sonoro sobre os grupos de rapazas de estilo vodevil. especialmente curtametraxes promocionais para Paramount e Vitaphone.[1] En 1925, Lee De Forest filmou a Lewis e á súa banda co seu proceso de cuta vida Phonofilm.[2] Blanche Calloway, irmá de Cab Calloway, liderou unha banda masculina, Blanche Calloway and Her Joy Boys, dende 1932 ata 1939, e Ina Ray Hutton liderou unha banda de mulleres, The Melodears, dende 1934 ata 1939. Eunice Westmoreland, baixo o nome de Rita Rio, liderou unha banda totalmente feminina que apareceu en NBC Radio e en oezas curtas para Vitaphone e RKO antes de converterse en actriz e cambiar o seu nome artístico a Dona Drake, aparecendo en numerosas películas dos 40. O grupo All Girls Band de Ivy Benson foi a banda de baile residente da BBC en 1943 e xirou ata os anos 80. Bandas activas de mulleres en vodevil, espectáculos de variedades, e nas primeiras películas sonoras durante os anos 20 ata os anos 50 foron documentadas por Kristin McGee en Some Liked it Hot: Jazz Women in Film and Television. Sally Placksin, Linda Dahl, D. Antoinette Handy, e Frank Driggs, xunto coa profesora Sherrie Tucker, tamén documentaron esa época no seu libro Swing Shift: "All-Girl" Bands of the 1940s. O grupo polaco Filipinki foi creado no ano 1959.[3]
Anos 60
[editar | editar a fonte]Bandas compostas unicamente por mulleres comezaron a emerxer coa chegada do rock and roll. Entre as primeiras bandas de rock de mulleres en asinar cun selo discográfico estiveron Goldie & the Gingerbreads, con Atlantic Records en 1964, The Pleasure Seekers con Suzi Quatro, con Hideout Records en 1964 e Mercury Records en 1968, The Feminine Complex, con Athena Records en 1968, e Fanny (pioneira no son das bandas de mulleres de principios a mediados dos 70) en 1969 cando o exécutivo Mo Ostin fichounas para Warner Bros. Records. Houbo tamén outras, como The Liverbirds (1962-1967), The Ace of Cups (1967), The Heart Beats (1968), e Ariel (1968-1970) que incluía aos tres membros de The Deadly Nightshade.
Dende 1964 ata 1968 The Pandoras foi unha banda de mulleres (unha das primeiras) que tocaba temas melodías orixinais e unha chea de versións populares en concertos e bailes de toda Nova Inglaterra. Comezou como un trío, coas estudantes do Simmons College Kathy Kinsella e Pinky Keehner nas guitarras, e con Sally Levy na batería. Moito máis tarde, baixo o asesoramento de Peter Bonfils, a banda tivo algún éxito, incluído un contrato discográfico e un par de sinxelos con Liberty Records ("About My Baby" e "Games"), e concertos por todo os Estados Unidos, ademais de en Newfoundland e Porto Rico, abrindo concertos para artistas como The Kingsmen, Dionne Warwick, The Byrds e Gary Lewis & the Playboys.[4]
Anos 70
[editar | editar a fonte]Roger Ebert, no seu comentario de son para Beyond the Valley of the Dolls (1970) acreditou á película como unha fonte de inspiración para bandas de rock de mulleres, grazas á banda ficticia Carrie Nations creada para o filme, dicindo que ese tipo de grupos eran bastante raros na época, aínda que comezaron a xurdir a raíz da película.
O 6 de novembro de 1971 Fanny converteuse na primeira banda de mulleres en entrar no top 40 da lista Hot 100, chegando o tema "Charity Ball" ao número 40. A canción tamén tivo moito éxito na emisora WLS, chegando ao número 3 o 25 de outubro e o 1 de novembro de 1971.
En 1975 o dúo canadense de irmás Kate & Anna McGarrigle, gravaron o primeiro dunha serie de álbums, ás veces coa súa irmá Jane. The Runaways foi unha das primeiras bandas de hard rock de mulleres con éxito comercial, publicando o seu álbum de estrea en 1976; os seus membros Joan Jett, Cherie Currie e Lita Ford iniciarían posteriormente carreiras en solitario.
No Reino Unido, a chegada do punk a finais dos 70s coa súa ética de "calquera pode facelo" levou á formación de bandas como The Slits, The Raincoats, Mo-dettes, Dolly Mixture, e The Innocents entre outras, e a formación doutros grupos onde os membros femininos influenciaron a música e o contido lírico (Au Pairs, Delta 5) ou foron o artista clave dentro do conxunto, destacando Siouxsie and the Banshees e X-Ray Spex. A expansión do punk cara Europa deu lugar á banda suíza die Kleenex/LiLiPUT.
En Australia en 1977 a banda de mulleres Sweet Jayne comezou a realizar concertos regulares coa súa formación orixinal: Cris Bonacci, Chris Scheri, Robyn Clark e Sally Zylstra. Etiquetada como "Sweet and Heavy Rock", Sweet Jayne interpretou principalmente material orixinal. Tras gañar o Australasian Yamaha Battle of the Bands en 1978, Sweet Jayne publicaría varios casetes, vinilos e clips de vídeo, pasaría por distintos cambios na súa formación, e realizaría uns 700 concertos en 6 anos. Sweet Jayne separouse en 1983 cando Chris Scheri (frauta e voces) e Cris Bonacci (guitarra) foron invitadas a traballar no Reino Unido por Mike Oldfield.
O grupo feminino de heavy metal Girlschool, do sur de Londres, formado en 1978 a partir das cinzas de Painted Lady, comounha banda de versións. Aínda que conseguiron algo de éxito no Reino Unido, fixéronse máis coñecidas a principios dos 80. Un dos membros orixinais da banda, Kathy Valentine, marchou para unirse a The Go-Go's, cambiando a guitarra polo baixo. Entre as primeiras gravacións de Girlschool había un EP titulado St. Valentine's Day Massacre que gravaron con seus compañeiros do selo Bronze Records Motörhead baixo o nome de Headgirl.[5]
En 1974, The Deadly Nightshade, unha banda de rock/country formada por Anne Bowen (guitarra e percusión), Pamela Robin Brandt (baixo), e Helen Hooke (guitarra e violín), asinou co selo de RCA Phantom. O contrato converteu a RCA/Phantom no primeiro selo mainstream en garantir o dereito a rexeitar calquera publicidade ofensiva ás sensibilidades feministas. A banda publicou dous álbums, The Deadly Nightshade en 1975 e F&W (Funky & Western) en 1976. Reunida en 2009, The Deadly Nightshade gravou e editou un terceiro álbum, Never Never Gonna Stop, no ano 2012 e continuaron xirando ata a morte de Brandt en 2015, disolvendo a banda.[6]
Anos 80 e 90
[editar | editar a fonte]Os anos 80, por vez primeira, puido verse a bandas de mulleres ou banda de rock lideradas por unha muller conseguir o éxito nas listas. Na lista Billboard Hot 100 de final de ano de 1982 o tema de Joan Jett "I Love Rock 'n' Roll" estaba no posto 3, e o de The Go-Go "We Got the Beat" no 25, enviando unha contundente a moitos directivos da industria de que as mulleres que tocaban podían traer cartos. Mentres que Joan Jett tocaba "himnos glam rock, cantados cos seus gruñidos e burlas",[7] The Go-Go's foron vistas como rapazas xoguetonas, unha imaxe da que incluso a revista Rolling Stone se burlou cando puxeron á banda en roupa interior na súa portada xunto co título "Go-Go's Put out!" (que podería traducirse como Go-Go's abrídevos de pernas).[8] Porén, as revistas de músicos comezaron a amosar respecto ás músicos mulleres, poñendo a Bonnie Raitt[9][10] e a Tina Weymouth[11] nas súas portadas. Aínda que The Go-Go's e The Bangles, ámbalas dúas da escena de clubs dos Ánxeles, estiveron entre as primeiras bandas de rock de mulleres en conseguir un éxito substancial, músicos individuais abriron o camiño para que a industria buscase bandas que tivesen mulleres e permitíulles formar parte do proceso de gravación.
Aínda que os 80 axudaon a pavimentar o camiño para que as músicos mulleres fosen tomadas máis en serio, aínda se considerou unha novidade durante moitos anos e continuou sendo un mundo dominado polos homes. En 1984, cando o cineasta Dave Markey, xunto con Jeff e Steve McDonald de Redd Kross,[12] fixeron o filme Desperate Teenage Lovedolls, unha versión punk cómica de Beyond the Valley of the Dolls,[13] tamén se xerou unha banda real.[12] Aínda que The Lovedolls apenas puido tocar ao principio debido á película, ao ser unha "banda de mulleres", recibiron cobertura na prensa e conseguiron actuacións.
Klymaxx converteuse na primeira banda de mulleres autoproducida do estilo R&B/pop en tocar todos os instrumentos. Varios dos seus sinxelos, incluídos "Meeting in the Ladies Room" e "I Miss You", entraron tanto nas listas de R&B como de pop.
Chegando á década dos 90, o aumento do heavy metal nos 80 axudou a achegar luz outra vez sobre o papel das mulleres na música. Debido ao éxito de The Go-Go's e The Bangles, moitas mulleres sentíronse frustradas ao non ser tomadas en serio ou por ser só vistas como "rapazas bonitas tocando música"[14] e uníronse a bandas de rock ou formaron bandas de metal de mulleres. Un dos grupos que facía música máis dura en San Francisco era Rude Girl.[15] Orixinalmente fichada por CBS Records, a banda desfíxose antes de editar ningún álbum e as membros que quedaron publicaron un sinxelo en 1987 baixo o nome de Malibu Barbi.[16] Cando Cara Crash e Wanda Day deixaron 4 Non Blondes e se uniron a Malibu Barbi, o seu son cambiou do heavy metal a un estilo descrito como unha combinación de "ritmo condutor coa voz de Johnny Rottenesque e riffs post-punk".[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McGee, Kristin A. (1 de xuño de 2009). Some Liked It Hot: Jazz Women in Film and Television, 1928-1959. Wesleyan University Press. ISBN 0-8195-6908-9.
- ↑ "Silent Era : PSFL : Helen Lewis and Her All-Girl Jazz Syncopators (192?)". web.archive.org. 2009-04-06. Archived from the original on 06 de abril de 2009. Consultado o 2019-11-24.
- ↑ "Filipinki. W USA przecierały szlaki, w ZSRR czerwone dywany". szczecin.wyborcza.pl. Consultado o 2019-11-24.
- ↑ "The Pandoras". The Music Museum of New England (en inglés). 2012-12-28. Consultado o 2019-11-24.
- ↑ "Motörhead / Girlschool - St Valentines Day Massacre". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-24.
- ↑ "Feminist, rock musician and food writer Pamela Brandt dies at 68". Miami Herald. Consultado o 24 de novembro de 2019.
- ↑ Haymes, Greg (23 de novembro de 2006). "Long live the Queen". Albany Times Union
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2010-08-04). "Pop Divas on the Cover of Rolling Stone". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-26.
- ↑ "Bonnie Raitt cover story". Guitar Player Magazine. Maio de 1977.
- ↑ "Bonnie Raitt cover story". Guitar Player Magazine. Xullo de 1998.
- ↑ "Tina Weymouth & David Byrne, The Talking Heads". Guitar Player Magazine. Marzo de 1984.
- ↑ 12,0 12,1 "Surfin' the Cess Pool with Dave Markey". Flipside Magazine. No. 58
- ↑ Firsching, Robert, All Media Guide
- ↑ Widran, Jonathan (8-21 de xullo de 1991). "First Artists – The Rebel Pebbles". Music Connection. Vol. XV no. 14. p. 30
- ↑ Fong-Torres, Ben (2006). Becoming Almost Famous: My Back Pages in Music, Writing, and Life. Backbeat Books. p. 107
- ↑ "Malibu Barbi music, videos, stats, and photos". Last.fm (en inglés). Consultado o 2019-11-27.
- ↑ Miner, Nicola (1992). BAM (Northern California ed.). p. 14