Bama, Touro
Bama | |
---|---|
Romaría de San Cidre. | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′45″N 8°22′26″O / 42.8792243, -8.3739906 |
Área | 9,92 km² |
Poboación | 234 hab. (2022) |
Densidade | 23,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicenzo de Bama[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2022 tiña 234 habitantes (115 homes e 119 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Do nome de Bama tense constancia por primeira vez no ano 912, como Vama. Derivaría do Galaico *uφamā- que significaría 'a máis baixa, o fondo' (en forma feminina).[2]. Esta explicación aludiría a menor elevación da parroquia comparada coa contorna.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de San Vicenzo de Bama linda polo norte co concello do Pino, polo sur coa parroquia de Prevediños, polo leste con Loxo; sendo a separación entre as dúas parroquias o río Brandelos, e polo oeste co concello de Boqueixón e a parroquia de Prevediños. A parroquia ten boas comunicacións con Santiago pola A-54 e esta atravesada pola pista DP-6603 que se une a estrada AC-240 que vertebra o concello de Touro.
Economía
[editar | editar a fonte]Os sectores principais desta parroquia son o primario e secundario. Exemplo disto son empresas de transformación de materias primas da parroquia e da contorna, como Queixerías Bama, que se dedica á fabricación de queixos tradicionais con denominación de orixe Arzúa-Ulloa[3][4], a fábrica de iogur Gurgur[5], ou o serradoiro na aldea da Xesteira, Maderas Bama S.L.[6]
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de San Vicenzo de Bama entre 1999 e 2022 |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo IGE. |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]- Castro da Roda. Castro de forma case perfectamente circular (120 metros no eixe N-S e 140 no E-W), delimitado por un parapeto en todo o perímetro cunha altura de 2,5 metros, acadando un máximo de 4 metros, salvo no sector NW no que se atopa destruído. No SE as defensas vense alteradas pola presenza dun pendello. A croa foi explanada para a construción dun campo de fútbol, agora abandonado.[7]
- Túmulos da Zanca.
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial de San Vicenzo de Bama. Ten a planta de cruz latina, realizada en granito. A fachada é de estilo neoclásico, ao igual que a torre do campanario.[8]
- Cruceiro[9]. Este cruceiro de cruz data do ano 1707, e foi trasladado e restaurado en 1935.[10]
- Casa Reitoral, na Igrexa; Capela de Santo Isidro.
Arquitectura civil e popular
[editar | editar a fonte]- Muíños do Trillo, dás Cabadas, de Milleiros, de Ponte Dias e do Souto. Fontes e lavadoiros tradicionais de Milleiros Grande e de Sar. Hórreos de Belvís, Silva e Sar.
Recursos naturais
[editar | editar a fonte]Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais de San Vicenzo celébranse a fin de semana máis próxima ao 22 de xaneiro. Festéxase tamén San Cidre (romaría na capela do mesmo nome a fin de semana máis próxima ao 15 de maio) e o San Ramón (primeira fin de semana de setembro).
O Entroido de Bama, coñecido como As Máscaras, ten lugar o domingo de Corredor, unha semana antes do domingo de entroido. O traballo para a celebración de tan singular festa comeza polo menos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a ruada, os xenerais, a vellada, o frade... Pola mañanciña ten lugar a ruada, conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando.
A asociación A Pinguela de Bama (2017)[13] realiza actividades vencelladas á posta en valor da música e o baile tradicional galego. Levou a cabo o proxecto “Dende a cociña” que trata de recoller e divulgar o patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino[14]. Deste dáse a coñecer o termo morada que fai referencia a uns bailes que se facían en varias parroquias como Bama, Loxo, ou Lavacolla ata os anos 1960-1970. Normalmente comezaban a finais de xaneiro, cando xa medraban algo os días, e duraban ata o Entroido. Estas festas tiñan lugar os domingos pola tarde ao longo de varias semanas e nelas tocaba un grupo de gaiteiros, pagado co diñeiro que recadaban os mozos cando saían a cantar a Panxola e os Reis durante o Nadal.[15]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Vicenzo de Bama
-
Hórreo na parroquia de Bama
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bama
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bama no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
Bamela | Belvís | Campelo | Castro | Millares Grande | Sar | A Silva | Tarrío | Vilar | A Xesteira |
Parroquias de Touro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Koch, Jhon T. (2011). Tartessian 2 : The inscription of Mesas do Castelinho ro and the verbal complex preliminaries to historical phonology (en inglés). Aberystwyth. ISBN 978-1-907029-07-3.
- ↑ "Fábrica de Quesos Queixerías Bama, S.L. en Touro". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07.
- ↑ "Queixerías BAMA | Quen somos". Queixerías BAMA. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ D.G. (2016-01-13). "Gurgur: yogur de leche gallega 100% directo del ganadero al consumidor". Campo Galego (en castelán). Consultado o 2023-08-07.
- ↑ "Maderas Bama en Touro". www.paxinasgalegas.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07.
- ↑ http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TOURO/documents/27322CA002.PDF
- ↑ Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2017-08-28). "Igrexa parroquial de San Vicente de Bama". Turgalicia. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ Martín Ruíz, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. IV, pág. 2381. Deputación da Coruña.
- ↑ "Cruceiros en Touro". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ Plan Xeral de ordenación municipal de Touro (PDF). 2010.
- ↑ "Bama". www.concellodetouro.com. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ "A ESCOLA". A Pinguela de Bama. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ Diario, Nós (2021-04-08). "Andrea Mosquera, AC A Pinguela: "Urxe recoller a tradición porque se está a dar un salto xeracional que resulta moi visíbel"". Nós Diario. Consultado o 2023-08-07.
- ↑ "Volve a noite de foliada a Touro coa VI Morada de Bama | 21NOTICIAS". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-07.