[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Babrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBabrio
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor en Wikidata
Morteséculo II Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor en Wikidata)

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX880592 Bitraga: 547
Fábulas de Babrio.
Papiro de Babrio do século III ou IV con tradución latina.

Babrio ou Valerius Babrius foi un poeta latino que viviu en Siria e escribiu en grego fábulas a fins do século I e comezos do II[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Algúns trazos da súa métrica e o nome Babrio, polo xeral aplicado aos libertos, confirman que era de orixe latina ou romana. Viviu posibelmente en Siria, onde sería preceptor dos fillos dun rei helenizado, pero o seu nomen, Valerius, era romano. Posuía unha cultura moi extensa: nos seus versos hai reminiscencias de Homero, Hesodo, Semónides, Teognis, Píndaro, Safo, Sófocles, Eurípides, Esquilo e Aristófanes, e o que é máis interesante e desconcertante, tamén coñecía os Setenta, a literatura xudeoalexandrina e poetas tardíos (Opiano, en concreto). No século II adaptou cen fábulas de Esopo á forma do verso coliámbico, máis adecuada para a sátira, e chegaron a confundirse coas orixinais, de xeito que xa en vida súa empezou a ser imitado. No século III xa era un autor coñecido. No século IV Aviano reelaborou corenta e dúas fábulas de Babrio póndoas en dísticos.

Non se coñecían del máis nada que algúns fragmentos (publicados por Franz Xavier Mayer en Múnic, 1816) cando en 1843 o grego Minoides Mynas atopou no mosteiro de Santa Laura do monte Athos un manuscrito que contiña 123 fábulas. Jean François Boissonade de Fontarabie ofreceu a editio princeps en París, 1844. Johann Caspar von Orelli, Karl Lachmann (este en Berlín, 1845), e Théobald Fix publicaron despois edicións críticas; Léon Boyer deu unha tradución en verso francés. George Cornewall Lewis publicou en Londres, en 1859, unha segunda colección atribuída a Babrio que contiña 95 fábulas novas e un prefacio, cuxo manuscrito foi copiado por Mynas no monte Athos en 1857, xa que os monxes non quixeron vendelo; discútese aínda sobre se esta colección é falsa. Seis fábulas máis viron a luz grazas a P. Knoll, quen as leu nun manuscrito da Biblioteca Vaticana, e foron editadas por A. Eberhard[2].

  1. "Babrius" in Chambers's Encyclopædia. London: George Newnes, 1961, Vol. 2, p. 21.
  2. Eberhard (1879), Analecta Babriana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]