[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Axis of Justice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axis of Justice (Eixo de Xustiza) é unha organización non lucrativa formada polos músicos Tom Morello de Audioslave (e anteriormente de Rage Against the Machine) e Serj Tankian de System of a Down. O propósito dela é unir ós músicos e ós fans para loitar pola xustiza social. Unha tenda de Axis of Justice acostuma estar nos festivais onde Audioslave ou System of a Down tocan, como en Lollapalooza no 2003. Axis of Justice tamén ten un show mensual que pode ouvirse pola emisora de radio KPFK nos Ánxeles (California).

No 2004, eles lanzaron un álbum en vivo titulado "Axis of Justice: Concert Series Volume 1". Contén performances por Flea de Red Hot Chili Peppers, Brad Wilk e Chris Cornell de Audioslave, Serj Tankian de System of a Down, Pete Yorn, Tim Walker, Maynard James Keenan de Tool, A Perfect Circle, Wayne Kramer e moitos outros.

Foi gravado durante un show no club Avalon, en Hollywood. O show foi para recadar diñeiro para Axis of Justice.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]