[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aurelio Milani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurelio Milani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata
Desio, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata - 1967 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1953 Atalanta BC 0(0)
1953–1955 ASD Fanfulla 40(6)
1955–1957 AC Monza 64(37)
1957–1958 U.S. Triestina Calcio 1918 30(17)
1958–1960 UC Sampdoria 44(14)
1960–1961 Calcio Padova 33(18)
1961–1963   ACF Fiorentina 51(23)
1963–1965   Inter de Milán 29(7)
1966–1967 A.S.D.C. Verbania 8(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1964–1964   Italia 1(0)

UEFA: 75562 Editar o valor en Wikidata

Aurelio Milani, nado en Desio, Milán, o 14 de maio de 1934, e finado en Milán o 25 de novembro de 2014, foi un futbolista italiano que xogaba como dianteiro. Militou en varios equipos da Serie A e da Serie B, gañando o premio ao máximo goleador en ambas as divisións. Disputou un total de 157 partidos na Serie A, marcando 62 goles, e 100 partidos na Serie B, con 54 goles. É lembrado sobre todo polas súas dúas tempadas co Grande Inter de Helenio Herrera, co que gañou unha liga, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental.[1] Foi internacional coa selección italiana nunha ocasión.[2]

Xogador poderoso, Milani era un dianteiro centro tradicional, rápido, forte e traballador. Destacou no xogo aéreo pola súa precisión de cabeza, e tamén posuía un disparo potente e preciso, o que lle permitiu ser un prolífico goleador ao longo da súa carreira. Tamén era un xogador de equipo xeneroso, capaz de xogar de costas á portería, aguantar o balón e darllo aos compañeiros, repartindo asistencias.[1][3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Aurora Desio a principios da década de 1950, antes de ser fichado polo Atalanta, que o cedeu ao Fanfulla durante as tempadas 1953/54 e 1954/55. Posteriormente pasou ao Simmenthal-Monza, co que marcou 37 goles en dúas tempadas na Serie B, sendo o máximo goleador da liga na campaña 1955/56. Na tempada 1957/58 xogou co Triestina na Serie B e marcou 17 goles en 30 partidos.[1]

Debut na Serie A

[editar | editar a fonte]

Na tempada seguinte debutou na Serie A coa camisola da Sampdoria. Fíxoo o 21 de setembro de 1958 nunha derrota por 1-0 contra a Lazio, en Roma. Formou un destacado trío ofensivo con Mora e Cucchiaroni ao longo da súa primeira tempada, na que marcou 13 goles. Durante a campaña seguinte, con todo, lesionouse nun partido contra o Bologna, o que mantivo afastado dos terreos de xogo durante meses.[4]

En 1960 Nereo Rocco levouno ao Padova, onde formou parella atacante con Crippa, marcando 18 goles. No verán de 1961, o presidente da Fiorentina, Longinotti, adquiriuno para reforzar a súa liña ofensiva, que contaba con futbolistas como Gianfranco Petris e Hamrin. O 24 de setembro de 1961 marcoulle dous goles a Dino Zoff, no día no que este debutaba co Udinese. Con 22 goles, Milani rematou a campaña da Serie A como máximo goleador xunto con José Altafini, axudando á Fiorentina a conseguir o terceiro posto da liga. Ademais o equipo alcanzou a final da Recopa de Europa, onde foi derrotado polo Atlético de Madrid.[1][4][5] Milani foi autor de 5 goles durante a competición europea, tres deles anotados nun mesmo partido ante o Rapid Viena.

Inter de Milán

[editar | editar a fonte]

Despois dunha mala tempada 1962/63 coa Fiorentina, na que só logrou marcar un gol en 18 partidos, Milani foi comprado polo Inter de Milán, converténdose nun membro do que máis tarde sería coñecido como o "Grande Inter" de Helenio Herrera. Na súa primeira tempada no club lombardo, conseguiu 7 goles en 18 partidos da Serie A, contribuíndo ao subcampionato do Inter, que acabou segundo tras empatar a puntos co Bologna e perder o partido de desempate. Ademais conquistou ese ano a Copa de Europa e marcou un dos tres goles do seu equipo na final contra o Real Madrid no Praterstadion de Viena. En setembro de 1964 gañou a Copa Intercontinental contra o Independiente arxentino.

Lesión e retirada

[editar | editar a fonte]

Con todo, durante o inverno de 1964, resultou gravemente lesionado nun partido da Copa de Europa contra o Dinamo de Bucarest, despois de levar un golpe nas costas. Como consecuencia do choque, unha das súas vértebras quedou desprazada, o que puxo fin á súa carreira de xeito prematuro. Só puido disputar 11 partidos esa tempada, na que o Inter se proclamou esta campión de liga, revalidou o título da Copa de Europa e chegou á final da Copa de Italia.[1][4]

Tentou regresar ao fútbol durante a tempada 1966/67, xogando co Verbania na Serie C, onde marcou 1 gol en 8 partidos, antes de retirarse definitivamente.[1]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Foi unha vez internacional coa selección de Italia, o 10 de maio de 1964, nunha derrota por 3-1 ante Suíza nun amigable internacional en Lausana.[2][5][6]

Morreu en Milán o 25 de novembro de 2014, aos 80 anos de idade.[4][5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Triestina
Inter de Milán
Individual
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Morto Milani, attaccante della Grande Inter di Herrera". La Stampa (en italiano). 25 de novembro de 2014. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Italy - International Matches 1960-1969". rsssf.com (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  3. "GdS – L’Inter piange Aurelio Milani, uomo della Grande Inter" (en italiano). 26 de novembro de 2014. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Aurelio Milani, morto il centravanti storico della Grande Inter" (en italiano). 25 de novembro de 2014. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Inter: morto Aurelio Milani, il bomber di due Coppe Campioni" (en italiano). 25 de novembro de 2014. Consultado o 4 de abril de 2022. 
  6. "Convocazioni e presenze in campo". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 4 de abril de 2022.