[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Atol Tureia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Tureia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°50′S 138°33′O / -20.83, -138.55
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Tureia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie47 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Tureia é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao sueste do arquipélago, a 1.100 km ao sueste de Tahití e 115 km ao norte de Mururoa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un atol pequeno, cunha superficie de 8,3 km². Ten forma de rombo, con 13 km de longo e 7,4 km de ancho. O atol non ten ningún paso cara á lagoa interior. As terras emerxidas forman un grande illote, de 22,5 km de longo e 250 metros de media de ancho, que ocupa a metade este, e a metade oeste complétana 27 illotes. A vila principal é Hakamaru. Dispón de diversas construcións do Centro de Experimentación do Pacífico (refuxios, cisternas, aeroporto, centro meteorolóxico), abandonadas desde 1996, cando finalizaron as probas nucleares francesas.

Historicamente coñecíase co nome de Papahena. O atol foi descuberto en 1791 polo inglés Edward Edwards, mentres buscaba aos amotinados do Bounty, e chamouno Carysfort.