Atentados de Noruega de 2011
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Atentados de Noruega de 2011 | |
---|---|
Lugar | Oslo e Utøya, Noruega |
Coordenadas | 59°54′54″N 10°44′48″L / 59.9149776, 10.746544 |
Branco(s) | Distrito Gobernamental de Oslo e illote de Utøya |
Data | 22 de xullo de 2011 15:26 CEST (UTC+2) |
Tipo de ataque | Bomba e tiroteo |
Arma(s) | Pistola e rifle |
Mortos | 8 (Oslo) 69 (Utøya) 77 (total) |
Feridos | 30 (Oslo) 66 (Utøya) 96 (total) |
Perpetrador(es) | Anders Behring Breivik |
Motivo | Islamofobia, ideoloxía de extrema dereita[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os feitos que deron lugar a un masacre en Noruega en 2011 consistiron nunha explosión no distrito gobernamental de Oslo e mais nun tiroteo ocorrido dúas horas despois no illote de Utøya (lago Tyrifjorden, Buskerud), cun saldo provisorio de 77 mortos e máis dun centenar de feridos, moitos deles adolescentes. Durante os días posteriores á traxedia, a policía falara de cifras de até 93 mortos, pero despois revisou a cifra á baixa fixándoa en 76. A policía norueguesa explicou que o escenario despois dos ataques era moi confuso e probabelmente algúns corpos foron contados dúas veces. Posteriormente unha vítima morreu no hospital elevando a cifra a 77.
Pola tarde, desatouse unha gran confusión en Oslo e máis tarde as autoridades confirmaron que detiveron un home disfrazado de policía que abriu fogo contra a multitude en Utøya. Este era Anders Behring Breivik, un empresario noruegués de 32 anos descrito pola policía como "fundamentalista cristián" cuxas opinións políticas se inclinan cara á ultradereita, de ideoloxía nacionalista (contrario ao multiculturalismo) e islamófobo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O terrorista Breivik consideraba que agredindo ao partido laborista noruegués «chamaba» á sociedade a un despertar de odio contra os marxistas e os musulmáns.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentados de Noruega de 2011 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |