[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aston Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aston Martin

Editar o valor en Wikidata
TipoPrivada
Fundación1913
LocalizaciónGaydon, Warwickshire, Reino Unido Reino Unido
FundadorLionel Martin
Robert Bamford
Persoas claveUlrich Bez, CEO
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbiles
Beneficio neto£7´6 millones (2010)
Número de empregados1250 (2010)[1]
Na rede
https://www.astonmartinlagonda.com/
Facebook: astonmartin Twitter: astonmartin Instagram: astonmartinlagonda LinkedIn: aston-martin-lagonda-ltd Youtube: UCYi_2iWdjuktf9GzwCMIjtw TikTok: astonmartinf1 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aston Martin Lagonda Limited é un fabricante británico de automóbiles de luxo. Foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford. Posúe a súa sede en Gaydon, Warwickshire, Inglaterra. O nome da compañía é derivado do nome do seu fundador, Lionel Martin, e da competición Aston Clinton Hillclimb preto de Aston Clinton en Buckinghamshire.[2]

Dende 1994 ata 2007, Aston Martin foi parte de Ford Motor Company, pasando a ser parte do grupo Premier Automotive Group no 2000. No 12 de marzo do 2007, foi mercada por 479 millóns de libras por unha sociedade conxunta, encabezada por David Richards, John Singers, un banqueiro de investimentos estadounidense;[3] e dúas compañías de investimento Kuwaitíes, Investment Dar e Adeem Investment.[4] Ford retivo 77 millóns de dólares estadounidenses (ou o 12,1%) de participacións, valorando a compañía en 925 millóns de dólares.[5]

En decembro de 2012, o fondo de capital privado italiano Investindustrial[6] asinou un acordo para comprar o 37´5% de Aston Martin, e investir 150 millóns de libras como un aumento de capital.

Aston Martin 2 - Litros 2/4-Seater Sports 1937

Fundación

[editar | editar a fonte]

Aston Martin foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford[7] os dous uniron forzas como Bamford & Martin o ano anterior para vender automóbiles fabricados por Singer desde o local da rúa Callow en Londres, onde tamén vendíanse vehículos GWK e Calthorpe. Martin correu subidas en Aston Hill cerca de Aston Clinton, e a parella decidiu facer os seus propios vehículos.[8] O primeiro coche que chamado Aston Martin foi creado por Martin montando un motor de catro cilindros Coventry-Simplex no chasis dun Isotta-Fraschini de 1908.[9][10]

Adquiriron locais en Henniker Mews[11] en Kensington e produciron o seu primeiro coche en marzo de 1915. A produción non puido iniciarse debido ao estalido da primeira guerra mundial, Martin uniuse ao Almirantado e Bamford á Royal Army Service Corps. Toda a maquinaria foi vendida á Sopwith Aviation Company.

Anos de entre guerras

[editar | editar a fonte]

Logo da guerra, a compañía foi refundada en Abingdon Road, Kensington e foi deseñado un novo coche co nome de Aston-Martin. En 1920 Bamford deixou a compañía, que revitalizouse co financiamento do Conde Louis Zborowski. En 1922, Bamford & Martin producen coches para competir no Gran Premio de Francia, que logrou establecer marcas mundiais de velocidade e resistencia en Brooklands. Foron construídos tres coches oficiais con 16 válvulas Motores twin cam para a competición e para lograr marcas: o número de chasis 1914, máis tarde desenvolveuse como o Green Pea (guísante verde), o número de chasis 1915, o Razor Blade (navalla de afeitar) logrou as marcas e o número de chasis 1916, máis tarde desenvolveuse como o Halford Especial.

Foron construídos aproximadamente 55 coches para a venda en dúas configuracións, chasis longo e chasis curto. A compañía declarouse en creba en 1924 e foi comprada por Lady Charnwood, quen puxo ao seu fillo John Benson ao mando. A compañía volveu quebrar en 1925 e a fábrica pechou en 1926, coa saída de Lionel Martin.

Máis tarde ese ano, Bill Renwick, Augusto (Bert) Bertelli e os envestidores que incluían á Señora Charnwood tomaron o control da empresa. Cambiouse o nome á Aston Martin Motors e trasladáronse á antiga fábrica de Whitehead Aircraft Limited en Feltham. Renwick & Bertelli foran en colaboradores algúns anos e desenvolveran un motor de catro cilindros e árbore de levas usando deseño da cámara de combustión patentada de Renwick, que probaran nun chasis de Enfield Allday. O único automóbil "Renwick & Bertelli " feito, era coñecido como a "caixa mecánica" e aínda sobrevive.

A parella planeara vender os seus motores aos fabricantes de automóbiles, pero logo de oír que Aston Martin xa non estaba na produción déronse conta de que podían sacar provecho da súa fama a poñer en marcha a produción dun coche completamente novo.

Entre 1926 e 1937 Bertelli era á vez director técnico e deseñador de todos os novos Aston Martins, foron coñecidos como "coches Bertelli". Entre eles, os de litro e medio "tipo T", "internacional", "Le Mans", "MKII" e o seu derivado de carreiras, o "Ulster", e o de 2 litros 15/98 e o seu derivado de carreiras, o "Model Speed". A maioría eran coches deportivos de dúas prazas abertos carrozados polo irmán de Bert Bertelli Enrico (Harry), e un pequeno número de turismos co chasis longo de catro prazas, tamén produciron convertibeis e rancheiras.

Bertelli era un piloto competente disposto pilotar os seus coches, un dos poucos propietario/fabricante/piloto. Os coches do equipo "LM" tiveron moito éxito nas carreiras nacionais e internacionais incluíndo Le Mans e a Mille Miglia.

Os problemas financeiros reapareceron en 1932. A compañía foi rescatado durante un ano por L. Prideaux Brune antes de vendelo a Sir Arthur Sutherland. En 1936, Aston Martin decidiu concentrarse nos coches de estrada, produciron só 700, ata que o pararon pola segunda guerra mundial. Durante a guerra produciron compoñentes de avións.

Era David Brown

[editar | editar a fonte]
1958 Aston Martin DB Mark III

En 1947, o fabricante de tractores David Brown Limited comprou a compañía baixo a dirección do director xeral Sir David Brown o seu "salvador da posguerra". A compañía tamén adquiriu Lagonda ese ano polo seu deseño do motor 2.6 litros W. O. Bentley. Ambas empresas compartiron recursos e talleres, dando lugar ao nacemento da serie clásica dos coches "DB". En 1950, a compañía anunciou o DB2, seguido do DB2/4 en 1953, o DB2/4 MkII en 1955, o DB Mark III en 1957 e o estilo italiano 3.7 L DB4 en 1958.

Aínda que estes modelos axudaron a Aston Martin a establecer un bo pedigree de carreiras, o DB4 destacou e deu o famoso DB5 en 1963. A compañía mantívose fiel ó seu emerxente estilo " Grand Touring" co DB6 (1965-1970), e DBS (1967-1972).

Os motores de seis cilindros destes coches desde 1954 ata 1965 foron deseñados por Tadek Marek.

Coches de Pre-guerra

[editar | editar a fonte]
  • 1921–1925 Aston Martin Standard Sports
  • 1927–1932 Aston Martin First Series
  • 1929–1932 Aston Martin International
  • 1932–1932 Aston Martin International Le Mans
  • 1932–1934 Aston Martin Le Mans
  • 1933–1934 Aston Martin 12/50 Standard
  • 1934–1936 Aston Martin Mk II
  • 1934–1936 Aston Martin Ulster
  • 1936–1940 Aston Martin 2-litre Speed Models (23 built) The last 8 were fitted with C-type bodywork
  • 1937–1939 Aston Martin 15/98

Coches da posguerra

[editar | editar a fonte]

Modelos actuais

[editar | editar a fonte]

Próximos modelos

[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos WCC
1959 Aston Martin DBR4 Aston Martin L6 ? MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA 0
Roy Salvadori Ret 6 6 Ret
Carroll Shelby Ret Ret 8 10
1960 Aston Martin DBR4
Aston Martin DBR5
Aston Martin L6 ? ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA 0
Roy Salvadori NPP
Ret
Francia Maurice Trintignant 11
  1. "England, Third of jobs go at Aston Martin". BBC News. 1 de decembro de 2008. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  2. "Aston Martin – The Company – Timeline". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 14 Marzo 2016. 
  3. Inman, Phillip (27 de setembro de 2009). "Aston Martin in peril as owner Investment Dar runs out of cash". The Guardian (London). 
  4. "Article". BBC News. 12 de xuño de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2010. 
  5. Ford sells Aston Martin for $925 million Arquivado 10 de xullo de 2011 en Wayback Machine. at egm CarTech, 12 de marzo de 2007
  6. "Industrial Solutions and Capital". Investindustrial. Consultado o 14 December 2013. 
  7. "Company History 1913 – 1920". Astonmartin.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  8. Inman-Hunter, E.M. (maio 1944). "Notes on the Original Aston-Martin Company". Motor Sport: 92. 
  9. "Aston Martin: Car Manufacturer: Great British Design Quest". Design Museum. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  10. "Aston martin 1914–2005". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2008. Consultado o 15 Febreiro 2009. 
  11. Mews News Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Lurot Brand. Published Spring 2009. Retrieved 24 de setembro de 2013.
  12. Images of One-77 an Aston Martin Lagonda Group site
  13. "Ten-Foot Aston Martin Cygnet Gets 50 MPG, Plays Sidecar to Your DBS". PopSci.com.au. 1 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2009. 
  14. Websoft (16 de xaneiro de 2010). "Aston Martin Fan Club: 2012 Aston Martin Cygnet". Astonmartinfanclub.blogspot.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  15. "Aston Martin Fan Club: Aston Martin Lagonda". Astonmartinfanclub.blogspot.com. 21 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  16. 16,0 16,1 Websoft (21 de decembro de 2009). "Aston Martin Fan Club: Aston Martin Carbon Black Edition V12 Vantage And DBS Announced". Astonmartinfanclub.blogspot.com. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2011. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  17. "Aston Martin Reimagines Racing Legend with CC100 Speedster". Automoblog.net. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2013. 
  18. "Aston Martin Vanquish Vision: everything you need to know". CAR Magazine. 25 de abril de 2019. 
  19. "Aston Martin DBS GT Zagato: 760bhp special revealed". Autocar. 4 de outubro de 2019. 
  20. "Aston Martin V12 Speedster unveiled to rival Ferrari Monza SP2". EVO. 4 de marzo de 2020. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]