Asemblea Federal de Suíza
Aparencia
A Asemblea Federal (ou parlamento) é o poder lexislativo e a autoridade suprema de Suíza, sen prexuízo dos dereitos do pobo e dos cantóns[1].
A Asemblea está formada por dúas cámaras de igual importancia:
- o Consello Nacional, coñecida como a cámara baixa, representa ao pobo (200 deputados, repartidos proporcionalmente segundo a poboación de cada cantón).
- o Consello dos Estados, coñecida como a cámara alta, representa os cantóns (46 deputados, 2 por cantón e 1 por cada semi cantón[2] sen importar a súa poboación.
Os dous Consellos reúnense separadamente a maior parte do tempo, aínda que calquera decisión require o acordo das dúas cámaras. Para algunhas decisións, como a elección do Consello Federal, do Chanceler da Confederación, dos xuíces do Tribunal federal ou do xeneral do exército en caso de guerra ou crise grave, as dúas cámaras reúnense simultaneamente. Xeralmente as dúas cámaras reúnense catro veces ao ano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pazo federal
-
Sala do Consello Nacional
-
A Asemblea federal en sesión
-
O Consello Nacional en sesión
-
O Consello dos Estados en sesión
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Artigo 148.1 da constitución de Suíza". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2009.
- ↑ Obwalden, Nidwalden, Basilea-Cidade, Basilea-Campo, Appenzell Exterior e Appenzell Interior
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial Arquivado 16 de decembro de 2006 en Wayback Machine.