[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

As bólas máxicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As bólas máxicas
{{{caption}}}
ドラゴンボール
(Doragon Bōru)
Anime As bólas máxicas
Dirixido por Daisuke Nishio
Estudio Bird Studio
Toei Animation
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emisión 26 de febreiro de 1986
Galicia1989, 8 de febreiro do 1990
Última emisión 12 de maio de 1989
Galicia27 de marzo do 2012 - 11 de xullo do 2012
Núm. de capítulos 153
Películas

As bólas máxicas[1] (ドラゴンボール Doragon Bōru?) é unha serie anime xaponesa producida pola Toei Animation. Trátase dunha adaptación dos primeiros 194 capítulos do manga Dragon Ball creado por Akira Toriyama, que foron publicados en Weekly Shōnen Jump dende 1984 até 1988. O anime componse de 153 episodios que foron orixinalmente emitidos a través de Fuji TV entre o 26 de febreiro de 1986 e o 19 de abril de 1989. Os primeiros 26 capítulos da serie emitíronse por primeira vez en galego no ano 1989[2], mentres que o resto emitiuse en febreiro de 1990 a través da TVG no programa Xabarín Club.

As bólas máxicas conta as aventuras do protagonista Son Goku, un forte e inocente rapaz que, despois de encontrarse con Bulma, proponse reunir as sete bólas do Dragón que conceden desexos. Despois de converterse en alumno do experto en artes marciais Mestre Mutenroi, el e o seu compañeiro e amigo Krilín compiten nun torneo que atrae ós meirandes loitadores do mundo. Despois emprende unha viaxe só e acaba enfrontándose e destruíndo o Exército de Red por si mesmo. Cando Krilín é asasinado despois doutro torneo, Son Goku busca vingarse do seu asasino, Piccoro Daimaō. Tres anos despois, Son Goku, agora un mozo adulto, debe loitar contra o fillo de Piccoro Daimao, Piccoro. Os restantes 325 capítulos do manga foron adaptados na serie anime Dragon Ball Z.

Artigo principal: Cronoloxía de Dragon Ball.

Este anime conta a infancia e a adolescencia de Son Goku, un neno con grande habilidade para as Artes marciais, que ten un misterioso rabo de mono. Despois do seu encontro con Bulma, parten xuntos na busca das Bólas do Dragón, que teñen a facultade de conceder calquera desexo se se conseguen reunir as sete.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Narrador Jorge Pedrosa (Subst.) Jōji Yanami
Son Goku (Cativo) Tonia Fuentes Masako Nozawa
Son Goku (Adulto) Julio Lorenzo
Bulma Luz Tellería Hiromi Tsuru
Ana Lemos (Subst.)
Krilín Carolina Vázquez Mayumi Tanaka
Óscar Fernández (Subst.)
Mestre Mutenroi Antonio Durán Kōhei Miyauchi
Yamcha Alfonso Agra Tōru Furuya
Oolong Manuel Pombal Naoki Tatsuta
Puar María José Collazo Naoko Watanabe
Chichi (Cativa) Charo Martínez Mayumi Shō
Chichi (Adulta) Teresa Santamaría
Gyumao Xosé Lois Daisuke Gōri
Tartaruga ?
Lunch Trinidad Morenza Mami Koyama
Ten Shin Han Antón Pazos Hirotaka Suzuoki
Chaoz Charo Martínez Hiroko Emori
Karín Bernardo Xosé Ichirō Nagai
Deus Santiago Pousa Takeshi Aono
Yajirobe Julio Lorenzo Mayumi Tanaka
Fernando Bustelo (Subst.)
Bora Santiago Pousa Banjō Ginga
Upa Helena Amoedo Mitsuko Horie
Pilaf ? Shigeru Chiba
Shuu ? Tesshō Genda
Mai Ana A. Eiko Yamada
Maika Aguado (Subst.)
Tou Pai Pai Juan Diéguez Chikao Ōtsuka
Mestre Corvo Bernardo Xosé Ichirō Nagai
Baba a vedoira Alicia Borrás Junpei Takiguchi
Señor Popo Fernando Barreiro Toku Nishio
Son Gohanda (avó) ? Osamu Saka
Comandante Red ? Kenji Utsumi
Xeneral Black ? Masaharu Satō
Xeneral Silver Gonzalo Faílde Banjō Ginga
Xeneral Blue Toshio Furukawa
Presentador do Gran Torneo Tacho González Kenji Utsumi
Gonzalo Faílde (Subst.)
Piccoro Daimaō Santiago Pousa Takeshi Aono
Piccoro Coté Sansegundo Toshio Furukawa
Arale Teresa Santamaría Mami Koyama
  • Suso Álvarez
  • Beatriz García

Temas musicais

[editar | editar a fonte]

Dragon Ball só conta cun tema de abertura e máis cun de pechamento. O tema principal é a canción "Makafushigi Adventure!", en galego "Mistoriosa aventura!", interpretada por Hiroki Takahashi na súa versión orixinal e por Gonzalo Faílde e máis Beatriz García na versión galega. O tema de pechamento do anime é a melodía "Romantic Ageru Yo", "Heiche dar romance" que na orixinal xaponesa interprétaa a cantante Ushio Hashimoto e a versión en galego faina Maika Aguado.

  • 1. "Misteriosa aventura!" [Makafushigi Adventure] de Hiroki Takahashi. Interpretada en galego por Gonzalo Faílde e Beatriz García.

"Temos que buscar a bóla do dragón,
é un gran misterio e unha conmoción.
Temos que pillar a bóla do dragón.
Entre tódolos misterios, ten gran emoción.
É un mundo alegre nun país encantado,
entre todos moi contentos poderémolo atrapar.

Haiche cousas preciosas nas que se transformar,
colle-lo espacio na nube e así poder viaxar.
A aventura comeza, vámola buscar, buscar, buscar, buscar, buscar
por mares e montañas e polo universo enteiro
tentándolla roubar ó dragón milagreiro
e así a bóla por fin connosco estará.

Tentarémolo dunha vez, agora xa non hai perigo.
Cos meus golpes e o meu bastón,
conseguirei traer dunha vez ao dragón.

Temos que buscar a bóla do dragón,
é un gran misterio e unha conmoción.
Temos que pillar a bóla do dragón.
Entre tódolos misterios, ten gran emoción
É un mundo alegre nun país encantado
Entre todos moi contentos poderémolo atrapar."

  • 1. "Heiche dar romance" [Romantic Ageru yo] de Ushio Hashimoto. Interpretada en galego por Maika Aguado.

"Todo é moi fabuloso, misterioso, soñador
e quero ir contigo a esta viaxa estraña e moi lonxana.
Debes vivir ben esperto, non mirar nunca atrás,
só así, loitando, poderás triunfar.

Levanta os ollos, mírame se queres que te queira.
Será tan forte o noso amor que nos dará valor.
Quero vivir aventuras, quero vivilas aquí,
porque sei que ti tamén o queres así.

Ti tamén queres amor e alegra-lo corazón,
pero para conseguilo terás que loitar.
Xa sei que os fas por min, porque queres ter amor.
E se estás lonxe de min...
pensa que coa túa ausencia non podo vivir."

  1. CRTVG (ed.). "As bólas máxicas na TVG". Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  2. "Twitter". Consultado o 18 de novembro de 2024. 
  3. "As bólas máxicas (Dragon Ball)". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2024-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]