As Maus, Vilar de Barrio
As Maus | |
---|---|
Vista de Porto. | |
Concello | Vilar de Barrio[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°10′46″N 7°36′09″O / 42.179386111111, -7.6024222222222 |
Poboación | 193 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro das Maus é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Barrio. Segundo o INE, no 2018 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), 73 menos ca no ano 2000.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase ao carón do río Arnoia, e ó pé da serra de San Mamede. O territorio da parroquia é claramente de montaña, con altitudes que van dende os 700 m de mínima aos 1.650 m de máxima.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente, e segundo consta no escudo a entrada da igrexa, chamábase Maos. Nas respostas do Reino ao interrogatorio de Filipe II, de 1571, para a repartición de mouriscos granadinos, consta que San Pedro Dasmaos tiña vinte e cinco veciños. Segundo o catastro de Ensenada de 1753, a parroquia tiña dous coutos, de formas máis ou menos cadradas e circunscrito un no outro; o exterior era da xurisdición de Juan de Puga y Solís, conde de Torre Peneda, que tamén a exercía en Xocín, e o interior era da xurisdición de Juan Suárez Noguerol. Tamén había couto en Alemparte, xurisdición do conde de Maceda, e sobre oito veciños exercíaa Juan Suarez Noguerol, veciño de Mende. Os lugares de Porto e Parada pertencían á xurisdición do conde de Monterrei. O lugar de Barrán pertencía á xurisdición da Torre de Limia.
Topónimo
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destacan en arquitectura civil os conxuntos de hórreos que se salpican ao longo dun regato, así como varios fornos e unha forxa. En monumentos relixiosos, non quedan vestixios da igrexa antiga, pero si do retablo de 1608 de Francisco de Moure, feito na primeira etapa deste imaxinieiro. No lugar de Porto está a capela de Santo Antonio, situada no centro da aldea. No cumio do Castro do Porto, en Val de Mouros, hai uns restos, posiblemente dun castro. Tamén destaca a área recreativa con piscina fluvial. A aldea abandonada de Parada entre soutos de castiñeiros, está ocupada desde hai anos por xente dedicada a artesanía popular que logo venden nas feiras. En Borrán está a capela dedicada a Santiago Apostol, preto do camiño de Santiago da Vía da Prata.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares das Maus
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Vilar de Barrio
[editar | editar a fonte]