Arthur C. Clarke
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Sir Arthur Charles Clarke, máis coñecido como Arthur C. Clarke, nado en Minehead, (Somerset) o 16 de decembro de 1917 e finado en Colombo o 19 de marzo de 2008, foi un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como The Sentinel ou 2001: A Space Odyssey.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescopio caseiro debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a segunda guerra mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.
Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa grande afección pola astronaútica.
A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarista da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.
Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.
Desde 1956 viviu na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina.
Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.
Clarke e a ficción científica
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea do espazo (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.
Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:
- As novelas utópico/humanistas dos anos 50, principalmente O fin da infancia, A cidade e as estrelas e a propia 2001: Unha odisea do espazo
- O rigor científico dos anos 70, pola que será incluído entre os autores de ficción científica dura, con obras como Cita con Rama e sobre todo The Fountains of Paradise
- Unha última etapa a finais dos 80 e nos 90, onde Clarke comparte a autoria dos seus principais títulos, pechando as grandes sagas (RAMA e 2001), véndose un perfil claramente político/social como en "Factor Detonante" ou "Sismo Grado 10", sen perder o carácter de obra de ficción científica.
Estilo
[editar | editar a fonte]Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grao de fino humor elaborado.
En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).
Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.
Bibliografía[1]
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- The Sands of Mars (1951)
- Prelude to Space (1953)
- Childhood's End (1953)
- The City and the Stars (1956)
- A Fall of Moondust (1961)
- 2001: A Space Odyssey (1968) (levado ao cine no mesmo ano e co mesmo título orixinal, 2001: A Space Odyssey, traducido ao galego como 2001: Unha odisea do espazo)
- Cita con Rama (Rendezvous with Rama, 1972)
- A Meeting with Medusa (Nebula Award for best novella) (1972)
- Imperial Earth (1975)
- The Fountains of Paradise (1979)
- 2010: Odyssey Two (1982)
- The Songs of Distant Earth (1986)
- 2061: Odyssey Three (1987)
- 3001: The Final Odyssey (1997)
- The Light of Other Days (2000) (con Stephen Baxter)
Relatos
[editar | editar a fonte]- Expedition to Earth (1953)
- Reach for Tomorrow (1956)
- Tales from the White Hart (1957)
- The Other Side of the Sky (1958)
- Tales of Ten Worlds (1962)
- The Nine Billion Names of God (1967)
- The Wind from the Sun (1972)
- The Best of Arthur C. Clarke (1973)
- The Sentinel (1983)
- The Collected Stories of Arthur C. Clarke (2001)
- Os fogos internos[2] (no orixinal, The Fires Within, 1947)
Non ficción
[editar | editar a fonte]- Interplanetary Flight: an introduction to astronautics. Londres: Temple Press, 1950
- The Exploration of Space. Nova York: Harper, 1951
- Voice Across the Sea. Nova York: Harper, 1958
- Voices from the Sky: Previews of the Coming Space Age. Nova York: Harper & Row, 1965
- Astounding Days: A Science Fictional Autobiography. Londres: Gollancz, 1989
- Greetings, Carbon-Based Bipeds! : Collected Works 1934-1998. Nova York: St. Martin's Press, 1999
Premios
[editar | editar a fonte]- Nébula de 1973, Hugo, Premio Locus e Premio John W. Campbell Memorial de 1974 á mellor novela por Cita con Rama
- Premio Hugo de 1980 á mellor novela por Fountains of Paradise
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arthur C. Clarke |