Artaxias I de Armenia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | c. 160 a. C. |
Rei de Armenia | |
189 – – Artavasdes I de Armenia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastia artaxíada (pt) e Orôntidas (pt) |
Cónxuxe | Satenik |
Fillos | Q16392521, Tigranes I, Artavasdes I de Armenia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Enciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.139) |
Artaxias I ou Artaxes (do grego: Άρταξίας; en armenio: Արտաշես Artašēs; antigo iraniano: Artaxšaθra )(? - ~ 159 a.C.) foi rei de Armenia entre 190/189 e 159 a.C. e antes estratego-sátrapa dende o 210/201 a.C. até 189 a.C.
Incorporado o reino de Armenia polos seleúcidas despois do 212 a.C., Artaxias, que antes do 200 a.C. fora nomeado sparapet (estratego ou sátrapa) conquistouno contra a oposición de Orontes IV. Daquela había 120 señores locais (nakharars) no territorio.
Orixe e capital
[editar | editar a fonte]O seu nome aparece, nas inscricións, como Mlk Rwndkn (ou Mlk Rwnd) que significaba "Rei Oróntida" polo que pretendía presentarse como continuador da antiga liñaxe dos Oróntidas. As inscricións en arameo descubertas en Syunik (Siunia) indican que era fillo de Zariadres[1] da dinastía oróntida e, ás veces, é incluído dentro da mesma.[2][3] Segundo Moisés de Khoren, casara cunha filla do rei dos alanos, Satenik, que lle deu seis fillos: Artavazdes I, Vruyr, Mazhan, Zariadrés, Tiran e Tigranes.[4]
Cara ao 190 a.C. fundou unha nova capital á que lle deu o seu nome, Artaxata ("xoia de Artaxias"), á beira do Araxes. Tradicionalmente, a partir dos escritos de Plutarco[5] e Estrabón[6] destacouse a importancia de Aníbal na escolla do lugar e na dirección das obras, mais hoxe ponse en dúbida.[7]
Reinado
[editar | editar a fonte]Era xeneral (stratēgós) de Antíoco III o Grande e conquistou pola súa conta o reino de Armenia, da que se converteu en gobernador e vasalo do seleúcida. Aproveitando a derrota seléucida na Batalla de Magnesia de Sipilos no 191 a.C., Artaxias mailo seu segundo no mando Zariadres ou Zariadris de Sofene, seguramente un parente,[7] rebeláronse e, coa axuda de Roma que lles ofreceu unha alianza, fundaron reinos independentes e autoproclamáronse reis: Artaxias creou, no 189 a. C., o Reino de Armenia (ou Grande Armenia) e Zariadres gobernou sobre a denominada Armenia Inferior (ou Armenia Minor) ou Sofena.[1][8] Os dous novos reis aliáronse para conquistaren as rexións próximas poboadas por armenios. No caso de Artaxias, as conquistas a partir do val de Araxes fixéronse principalmente a costa do Reino de Iberia e do de Atropatene Media.[7]
Despois do Tratado de Apamea no 188 a.C., o Senado romano recoñeceuno como rei e posteriormente conquistou territorios: ao leste e ao sueste foron conquistados Atropatene, Caspiene (seguramente Mughan), Fauene (posiblemente a rexión entre Djulfa e Khoï) e Barospeda (probablemente o Vaspurakan); ao norte Gogarene (Gugarq, ao norte do lago Sevan até Lori) e, segundo Estrabón, o Khorzene ou Khorzanene; ao noroeste, os países das tribos xeorxianas (pónticas) dos Calibis (Khalibis), Mosinecs (Mosynekhes) e outras como a Karenitida (Karin), o país de Erzerum e Derxene (Derdjan ou Terdjan).[9]
Política interior
[editar | editar a fonte]A nivel interno do reino, promoveu a delimitación (catastro) das propiedades de pobos e terras,[7] e fixo unha política de integración lingüística. Moisés de Khoren tamén menciona que construíu un templo (mehean) en Artaxata onde trouxo estatuas de Artemisa, equivalente á armenia Anahit, pero non se atoparon restos en absoluto. Tamén emitiu moedas que levaban unha aguia sobre unha montaña que sería o Ararat, un lugar de culto sagrado.[10]
Política exterior
[editar | editar a fonte]Manifestou a súa independencia en relación a Roma dando asilo a Aníbal cando este, que se refuxiara na corte seleúcida logo da batalla de Zama, comezou a sentirse inseguro. No 165 a.C., Artaxias foi derrotado polo rei seleúcida Antíoco IV e tamén foi aprisionado, sendo liberado despois de recoñecer a soberanía seleúcida.
Pouco antes da súa morte, intentou repartirse Sofene con Capadocia (Ariarates V) a causa da morte de Zariadris, mais o rei da Capadocia rexeitou a alianza a cambio de recibir Tomisa do novo rei de Sofene. Tamén alentou a revolta do sátrapa Timarc en Media.
Morte
[editar | editar a fonte]Reinou ata o 159 a.C. e, segundo Moisés de Khoren, as exequias de Artaxias foron acompañadas da morte voluntaria das súas esposas, concubinas e servos.[11] Sucedeuno seu fillo Artavasdes I de Armenia.
Predecesor: Ninguén |
Rei de Armenia cara 189 a.C. – 159 a.C. |
Sucesor: Artavasdes I |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dupont-Sommer, H. (1946). "Deux inscriptions araméennes trouvées près du lac de Sevan (Arménie)". Syria. Archéologie, Art et histoire 25 (1): 53–66. doi:10.3406/syria.1946.4493.
- ↑ Herzig & Kurkchiyan (2005)
- ↑ Chahin (1987)
- ↑ Khoren (1993), Libro II, pp. 49-51, 53, 55 e 66. Tiran podería ser identificado como Tigranes I. Moisés de Khoren identifícao, erroneamente, como Tigranes II.
- ↑ Plutarco. "Vie de Lucullus par Plutarque: XLVI". mediterranees.net (en francés). Consultado o 8-7-2019.
- ↑ Estrabón. "Géographie: XI, 14". mediterranees.net (en francés). Consultado o 8-7-2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Chaumont, M. L. (12-8-2011). "ARMENIA AND IRAN II. The pre-Islamic period". Encyclopædia Iranica (en inglés). (artigo impreso en Encyclopædia Iranica: Vol. II, Fasc. 4, pp. 418-438). Consultado o 8-7-2019.
- ↑ Outra hipótese é a dunha posible revolta nobiliaria (Anne Elizabeth Redgate, The Armenians Oxford, 2000, ISBN 0-631-22037-2)
- ↑ Estrabón; Xeografía, XI, 14 - Armenia
- ↑ Russell, J. (15-8-2011). "Artaxias I". Encyclopædia Iranica (en inglés). Consultado o 8-7-2019.
- ↑ Khoren (1993), Libro II p. 60
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Artaxias I de Armenia |
Biografía
[editar | editar a fonte]- Chahin, Mack (1987). The Kingdom of Armenia. A History. Col. Caucasus World: Peoples of the Caucasus (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0700714520.
- Estrabón. "Xeografía, XI, 14 - Armenia". mediterranees.net (en francés). Consultado o 8-7-2019.
- Herzig, Edmund; Kurkchiyan, Marina (2005). The Armenians — Past and present in the making of national identity. Col. Caucasus World: Peoples of the Caucasus (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-7007-0639-6.
- Khoren, Moisés de (1993). Histoire de l'Arménie. Col. L'aube des peuples (en francés). París: Gallimard. ISBN 9782070729043.