[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ariamiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAriamiro
Biografía
Mortedécada de 560 Editar o valor en Wikidata
Braga, Portugal Editar o valor en Wikidata

Ariamiro, finado cara o 561, foi un rei suevo que ocupou o trono de Gallaecia entre o 558 ou 559 e o 561. Sucedeu ao rei Carriarico e durante o seu reinado celebrouse o Primeiro Concilio de Braga que reorganizou a Igrexa católica do reino tras a conversión dos suevos ao catolicismo, abandonando así o arianismo. Á súa morte sucedeulle Teodomiro.

Miniatura medieval do primeiro concilio de Braga que mostra ao rei suevo Ariamiro (dereita) cos bispos Lucrecio, Andrés e Martiño de Dumio. Século X Codex Vigilanus.

A conversión ao catolicismo dos reis suevos, que se produciu probablemente ao redor do ano 550 —durante o reinado de Teodomiro—, foi obra de Martín de Braga e supuxo o paso definitivo para a integración entre os suevos e a aristocracia galaicorromana, consolidando así plenamente a monarquía.[1]

Baixo a supervisión de Martiño, que xa ocupaba a sede metropolitana de Braga, foi transformada a organización eclesiástica tradicional herdada do baixo Imperio Romano coa división do reino en 13 dioceses —algunhas delas novas—, á súa vez agrupadas en dous grandes distritos ou «provincias eclesiásticas»: unha meridional, cuxa sede metropolitana sería Braga, e outra setentrional, con Lugo como nova sede metropolitana.[2]

Na consecución dos obxectivos de Martiño de Dumio foi fundamental o Primeiro Concilio de Braga celebrado en maio do 561 baixo os auspicios do rei Ariamiro no que se trataron a cuestión priscilianista e os problemas internos da Igrexa. A este seguiríalle un segundo concilio, celebrado tamén en Braga durante o reinado do rei Miro (570-583), fillo de Teodomiro (561-570), no que se completou a creación da Igrexa «nacional» sueva.[3]

  1. García Moreno 1982, p. 303-304.
  2. García Moreno 1982, p. 305.
  3. García Moreno 1982, pp. 304-305.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • García Moreno, Luis A. (1982). "Las invasiones y la época visigoda. Reinos y condados cristianos". En Juan José Sayas; Luis A. García Moreno. Romanismo y Germanismo. El despertar de los pueblos hispánicos (siglos IV-X). Vol. II de la Historia de España, dirigida por Manuel Tuñón de Lara. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-9422-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:



Carriarico
Rei dos Suevos



558/559 - 561
Sucesor:



Teodomiro