[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ardón, rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArdón, rei
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte721 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Narbona, Francia Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
713 – 720
← Akhila IIAçame ibne Malique Alcaulani (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata

Ardón (ou Ardonus, posiblemente abreviatura de Ardabastus) foi o derradeiro rei dos visigodos en Hispania que, segundo algunhas fontes, reinou na Septimania entre 713 e 720.[1]

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]

A Chronica regum Visigothorum rexistra os nomes dos reis visigodos e os anos do seu reinado. Despois da entronización de Ervixio, as diferentes versións das Crónica, difiren en canto á continuación dos seguintes reis.[2] A Continuatio codicis C Parisini, que consiste nun manuscrito do século XII, non menciona a Rodrigo e indica que Vitiza sucedeu a Akhila II e que despois de tres anos sucederáo Ardán.[3][4] Tampouco na Crónica Mozárabe nin nas crónicas asturianas posteriores, a Crónica Albeldense e a Crónica de Afonso III, hai ningunha mención a Akhila II nin a Ardón, nin nas crónicas árabes.

Sucede que as crónicas escritas na área de influencia e control de Akhila II -Narbonense e Tarraconense, segundo a distribución das moedas acuñadas no seu nome- ignoraron a existencia de Rodrigo, até despois de mediados do século XIII cando foron traducidos os traballos do bispo Rodrigo Ximénez de Rada.[5] Segundo isto, despois do desastre do exército visigótico do rei Rodrigo, e a morte do propio monarca na batalla de Guadalete,[6] os musulmáns emprenderon a conquista do reino visigótico. O final do reinado de Akhila II foi coetáneo coas vitorias musulmás no val do Ebro e en Zaragoza, de xeito que pode deducirse que a súa morte, no 713, foi coma consecuencia da loita contra os novos conquistadores[7] na que despois da conquista de Narbona, pretendeu defender o resto do territorio, sen éxito.[8]

Reinado de Ardón

[editar | editar a fonte]

Despois da súa morte de Akhila II, Ardón, foi elixido rei, séndolle atribuído pola crónica un reinado de sete anos, dende o 713 até o 721. No 716, os musulmáns comandados polo valí Al-Hurr ibn Abd al-Rahman al-Thaqafi, cruzaron os Pireneos e invadiron a Narbonense polo que Ardón houbo defender a derradeira provincia do reino visigodo. A campaña foi continuada polo seu sucesor Al-Samh ibn Malik al-Khawlani, o cal finalmente completou a conquista do territorio no 720.[9] Ardón finou no 721, presumiblemente, loitando contra os invasores.[7][10]

A desaparición total do reino visigodo, produciuse cinco anos máis tarde, coa toma de Carcasona e, pouco despois, de todo o territorio até Nimes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Akhila II
 Rei dos visigodos 
713-720
Sucesor:
fin do reino visigodo