[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arcadio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArcadio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Arcadius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 377 Editar o valor en Wikidata
Hispania (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 408 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Constantinopla (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
17 de xaneiro de 395 – 1 de maio de 408 – Teodosio II →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosaAugust 27 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElia Eudocia (valor descoñecido–404), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosFlacila, Pulqueria, Arcádia, Teodosio II, Marina Editar o valor en Wikidata
PaisTeodosio I Editar o valor en Wikidata  e Aélia Flacila Editar o valor en Wikidata
IrmánsFlavio Honorio
Gala Placidia
Pulquéria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Arcadius-1 Find a Grave: 37123805 Editar o valor en Wikidata
Arcadio, portando un lábaro e derrotando a un inimigo, no anverso dunha moeda romana dun sólido

Flavius Arcadius, en galego Arcadio (377/378 - 1 de maio de 408) foi Emperador do Imperio Romano de Oriente desde 395 ata a súa morte en 408.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arcadio era o maior fillo de Teodosio I e de Aelia Flaccilla, e irmán de Honorio, que seria emperador de Occidente. O seu pai declarouno Augusto de Oriente en xaneiro de 383. O seu irmán máis novo tamén foi declarado Augusto, pero de Occidente, en 393. Arcadio comezou a reinar en solitario sobre a metade oriental do Imperio cando o seu pai faleceu en 395 en Milán, a onde acudira para sufocar unha rebelión.

A División do Imperio

[editar | editar a fonte]

A división do Imperio Romano en dúas partes, sometidas cada unha delas ao goberno dun Emperador ou Augusto, era unha práctica administrativa habitual desde finais do século III trala primeira reforma do emperador Diocleciano. A novidade do reinado de Arcadio radica en que a división do Imperio realizada polo seu pai Teodosio I sería a definitiva, as dúas partes do Imperio non volverían nunca máis a seren reunificadas, tal e como fixeran no pasado emperadores poderosos como Constantino I o Grande ou o propio Teodosio I. Por iso Arcadio é considerado o primeiro emperador do Imperio Romano de Oriente. No seu momento a división do Imperio non tivo probabelmente o carácter definitivo e radical que a historiografía posterior lle adxudicou xa que desde a perspectiva de finais do século IV e cos antecedentes do acaecido ao longo do século IV, esta tería probabelmente visos de ser unha división máis ou menos transitoria.

Ademais, especialmente ao comezo do reinado de Arcadio, as políticas do Imperio Occidental e do Oriental estarían aínda entrelazadas por loitas de poder que buscaban en parte o control de todo o Imperio Romano.

A invasión visigoda e loitas de poder no seo do Imperio

[editar | editar a fonte]

O baleiro de poder causado pola morte do emperador Teodosio I en 395 e o feito de que moitas tropas orientais estivesen naquel momento desprazadas á parte occidental do Imperio, foron aproveitadas polos hunos para atacaren o Imperio Oriental. Os hunos atacaron o Imperio polo Cáucaso e polo Danubio, onde fustrigaron aos godos, pobo que se asentou como federado na provincia romana de Mesia Inferior. Levados polos hunos, os godos que estaban guiados polo seu rei Alarico I comezaron a desprazarse ás provincias romanas limítrofes que comezaron a ser saqueadas.

Naquel momento cada parte do Imperio estaba gobernada por un home forte con grande influencia sobre o emperador. En Occidente, Honorio estaba baixo o dominio do xeneral vándalo romanizado, Flavius Stilicho (Estilicón), mentres Arcadio era dominado polo prefecto de pretorio de Oriente chamado Rufino. Estilicón acudiu á parte oriental do imperio, a Grecia, a tratar de frear aos godos, pero foi acusado por algúns de tratar de converterse tamén con esta acción no home forte do Imperio Oriental. Arcadio, influído por Rufino, pediu que Estilicón se retirase da parte Oriental. Para se desfacer do seu contrincante, Estilicón mandou asasinar a Rufino por mercenarios góticos en 395, aínda que este feito segue sendo discutido.

Coa eliminación de Rufino estalou unha loita na cúpula do poder, que se resolveu favorablemente para Eutropio, un liberto eunuco que fora titor do emperador e que poucos meses antes propiciara o matrimonio deste con Aelia Eudoxia, filla dun xeneral franco. Apartado do poder, Estilicón inhibiuse na defensa do Imperio Oriental e os godos andaron a doután por Grecia saqueando todo o territorio. Só as cidades de Tebas e Atenas se libraron do saqueo.

En 397 Estilicón organizou unha nova expedición unilateral para expulsar aos godos. esta vez do Peloponeso. Como ocorrera dous anos antes, Eutropio, medorento de que Estilicón o desprazase do poder instigou a Arcadio para que pedise ao xeneral occidental que se retirase do seu territorio. Alarico desprazouse entón a Epiro, onde se acantonaron os godos.

Como medio de tranquilizar aos visigodos, Arcadio concedeu o título de prefecto da provincia de Ilírico a Alarico, que vía desa forma legalizada institucionalmente a presenza visigoda dentro do Imperio Oriental. En 401 os visigodos abandonaron o Imperio Oriental e penetraron en Italia, posibelmente instigados desde Constantinopla, que así vía afastarse o problema godo da súa xurisdición.

Doutra banda os hunos realizaron incursións dentro do Imperio Oriental desde 395. O prefecto de pretorio Eutropio fixo fronte ás incursións con éxito e isto levouno a asentar a súa posición á fronte do goberno, dotándoo de prestixio e autoridade. Con todo en 399 autonomeouse cónsul, unha dignidade que ata aquel entón non ostentara nunca un eunuco. Este feito provocou unha rebelión das tropas enviadas á súa vez a sufocar unha revolta en Frixia. Malia as reticencias que tiña o emperador, a emperatriz Eudoxia convenceuno para que depuxese ao eunuco do seu cargo. Comeza así en 399 o período de influencia da emperatriz Eudoxia.

A influencia de Eudoxia

[editar | editar a fonte]

Desde 399 exerceu o goberno un círculo de persoas ligado á persoa da emperatriz Eudoxia. A emperatriz apoiouse en varias personalidades para exercer o goberno; o prefecto de pretorio de Oriente Aureliano, logo de 400 o conde Xoán ou o xeneral Fravitta, de orixe goda.

A partir de 403 a Eudoxia opúxoselle constantemente Xoán Crisóstomo, Patriarca de Constantinopla, que sentía que ela usara a riqueza da súa familia para gañar control sobre o emperador. Eudoxia, coa axuda do Patriarca de Alexandría, logrou exiliar a Crisóstomo, pero un tumulto popular fíxoa retroceder, aínda que logrando finalmente o seu obxectivo no 404. Ao ano seguinte falecía a emperatriz.

Os últimos anos de reinado

[editar | editar a fonte]

Á morte da súa muller, Arcadio foi dominado durante o resto do seu reinado por Antemio, o Prefecto do Pretorio de Oriente. O propio Arcadio preocupábase máis por parecer un cristián pío que por se ocupar das materias políticas ou militares do seu imperio. Morreu, tras ter so nominalmente o mando do seu imperio, en 408.

Imperio Bizantino

Segue a:
Teodosio I
Arcadio
Precede a:
Teodosio II
Dinastía Valentiniana-Teodosiana