Araucaria cunninghamii
Araucaria cunninghamii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Araucaria cunninghamii, chamada comunmente araucaria de Australia, ou piñeiro de Baía Moreton, é unha especie do xénero Araucaria que se atopa nas costas de bosques chuviosos do leste de Australia e de Nova Guinea.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie pode chegar a vivir 450 anos e crecer 60 m de altura. O tronco posúe unha cortiza rugosa e crébase de maneira natural, sen descascarse. As follas dos exemplares novos teñen forma de punzón, de 1-2 cm de lonxitude, e 2 mm de espesor na base, e incurvadas, de 1-2 cm de lonxitude e 4 mm de ancho nos fustes maduros. Os estróbilos (conos) son ovoides, de 8-10 cm de longo. e 6-8 cm de diámetro, e tardan 18 meses en madurar. Ao madurar desintégranse liberando sementes parecidas a noces, que son comestibles.
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]A madeira é de alta calidade, particularmente importante na industria da madeira laminada, de mobles, enchapados, tornaría, botes. Moitos bosques naturais en Australia e Nova Guinea foron esgotados por talla rasa, polo que se atopa principalmente en plantacións madeireiras. Con todo, a especie segue prosperando en áreas protexidas, como o Parque nacional Lamington[1] Antigamente, os aborixes australianos utilizaban a súa resina como un cemento.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Araucaria cunninghamii foi descrita por William Aiton ex David Don e publicado na Description of the Genus Pinus, ed. 2 3, pl. 79, no ano 1837.[2]
- Etimoloxía
Araucaria: nome xenérico xeográfico que alude á súa localización en Arauco.
cunninghamii: epíteto que foi nomeado polo botánico e explorador Allan Cunningham.
- Variedades aceptadas
Hai dúas variedades:
- Araucaria cunninghamii var. cunninghamii - Australia, do nordés de Nova Gales do Sur ao centro leste de Queensland, de 0-1.000 msnm.
- Araucaria cunninghamii var. papuana - Nova Guinea, nas montañas de Papúa Nova Guinea, e en Irian Jaya, Indonesia, de 100-2.700 msnm.
- Sinonimia
- Eutacta cunninghamii (Aiton ex D.Don) Link
- Eutassa cunninghamii (Aiton ex D.Don) G.Don
- Eutassa cunninghamii (Aiton ex D. Don) Spach[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nature, culture and history". Queensland Government. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Araucaria cunninghamii en Trópicos
- ↑ "Araucaria cunninghamii Aiton ex D.Don — The Plant List". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Australian National Botanic Garden: Araucaria cunninghamii
- Gymnosperm Database: Araucaria cunninghamii
- Brisbane Rainforest Action & Information Network: Araucaria cunninghamii
- Tree Conservation Information Service
- USDA, NRCS. 2006. The PLANTS Database, 6 March 2006 (http://plants.usda.gov).
- A. B. Lambert, Descr. Pinus ed. 3, 2:unnumbered pages. 1832 (Sweet, Hort. brit. ed. 2:475. 1830, nom. nud.)
- "Araucaria cunninghamii". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA).