Antonio Lorenzo Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 |
Morte | 25 de maio de 2012 (61/62 anos) Ribadavia, España |
Alcalde de Ribadavia | |
xullo de 1989 – 1991 ← Miguel Fidalgo – José María Vázquez Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, arquitecto técnico |
Antonio Lorenzo Rodríguez, nado en 1950 e finado en Ribadavia o 25 de maio de 2012[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arquitecto técnico de profesión. Membro de Centristas de Galicia, encabezou a coalición da súa formación con Alianza Popular en Ribadavia nas municipais de 1987 e foi a forza máis votada, pero moi lonxe da maioría absoluta, polo que non logrou a alcaldía tras apoiar outros grupos ao socialista Miguel Fidalgo. Porén, en xullo de 1989 logrou a alcaldía tras unha moción de censura apoiada polos Independentes do Municipio de Ribadavia[2]. Permaneceu no cargo até as municipais de 1991, nas cales o seu partido optou porque non fose o seu candidato á alcaldía. Foi presidente do Consello Regulador do Ribeiro (1992-1995).
Predecesor: Miguel Fidalgo Areda |
Alcalde de Ribadavia 1989 - 1991 |
Sucesor: José María Vázquez Pérez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Antonio Lorenzo, exalcalde de Ribadavia y expresidente del Consello Regular do Ribeiro". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ Una moción de centro-derecha cambia el alcalde en Ribadavia