[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antonio Jaspe Moscoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Jaspe Moscoso
Biografía
Nacemento1856 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1887 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Montrove, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGalería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1883-1884) (pt) Traducir
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata

Antonio María Jaspe y Moscoso, nado na Coruña en 1856 e finado en Montrove en agosto de 1887,[1] foi un pintor galego que cultivou a pintura de historia, os temas clásicos e o retrato.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en varias publicacións.

Foi discípulo da Escola superior de Pintura, Escultura e Gravado e de Ignacio Suárez Llanos. Na Exposición Rexional de Galicia celebrada en Santiago de Compostela en 1875 presentou Dos retratos, Cinco bocetos, Una Concepción, Paisano gallego, Labradora, Hilandera, Retrato de Alfonso XII, Mujer pobre e Muchacho jugando; foi premiado con medalla de prata. Na da Coruña de 1878 expuxo varios lenzos, entre eles La ramilletera e La plaza de toros. Nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1876, 1878 e 1881 presentou: Hilandera gallega, Un gaitero gallego, D. Juan de Austria, Vistas de la laguna, Gran canal, Astillero y Palacio de Otello en Venecia e Una ciociara (estudo).[2]

En 1880 obtivo praza na Escola de Belas Artes de Roma. En 1881 acompañou á corte na súa viaxe a Galicia, como correspondente da La Ilustración Gallega y Asturiana.[2]

Foi autor de retratos do rei Afonso XII e a raíña María Cristina, por cuxos traballos obtivo a Cruz de Carlos III.[2]

Teñen obra súa a Deputación da Coruña e o Museo de Belas Artes da Coruña.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Bibliografía sobre Antonio Jaspe Moscoso en pintoresgallegos.com.