Anthocharis cardamines
Anthocharis cardamines | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Anthocharis cardamines' Linneo, 1758 | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
Ver texto. |
A Anthocharis cardamines é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Pieridae amplamente distribuída por Eurasia, incluíndo a Península Ibérica.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Recibe o seu nome das manchas verdosas no exterior das ás, que lle dá a aparencia de brión, e é de gran utilidade como camuflaxe entre a vexetación. Nos machos o ápice do interior das ás dianteiras é dunha cor laranxa forte. Esta coloración non se atopa presente nas femias; as ás nas femias son brancas, con tons negros ou grises na punta. O macho é capaz de disimular a cor laranxa das súas ás dianteiras escondéndoas baixo as traseiras. A cor verdosa no exterior da á está en realidade composta de escamas amarelas e negras; é de especial utilidade cando a bolboreta descansa en plantas como Anthriscus sylvestris ou Alliaria petiolata.
-
Anthocharis cardamines ♂
-
Anthocharis cardamines ♂ △
-
Anthocharis cardamines ♀
-
Anthocharis cardamines ♀ △
Distribución
[editar | editar a fonte]A especie atópase ao redor de Europa, e esténdese ao oeste ás áreas tépedas de Asia, até Xapón. Nos últimos anos viuse un incremento do seu número no Reino Unido, e de maneira máis notoria en Escocia; crese que o incremento se debe ao cambio climático.[2][3][4]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Coñécense nove subespecies de Anthocharis cardamines:[5]
- Anthocharis cardamines alexandra
- Anthocharis cardamines cardamines
- Anthocharis cardamines hayashii
- Anthocharis cardamines isshikii
- Anthocharis cardamines kobayashii
- Anthocharis cardamines koreana
- Anthocharis cardamines meridionalis
- Anthocharis cardamines phoenissa
- Anthocharis cardamines progressa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fauna Europaea". Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2010.
- ↑ Carter, D. A. (2002). Butterflies and Moths (Revised Edition). Dorling Kindersley, Londres. ISBN 0-7894-8983-X
- ↑ Orange-tip (Anthocharis cardamines)[Ligazón morta]. Arkive (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2010.
- ↑ Butterflies of Scotland - Orange Tip (Anthocharis cardamines). Rampant Scotland (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2010.
- ↑ Anthocharis en funet.fi