[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Anos do Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Historia de Arda
Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol

Idades dos Fillos de Ilúvatar
Batalla Final

No legendarium de J. R. R. Tolkien, os Anos do Sol constitúen o derradeiro dos tres grades períodos temporais de Arda, o mundo no que se desenvolven a maioría dos acontecementos da súa mitoloxía. Os dous períodos anteriores son os Anos das Lámpadas e mais os Anos das Árbores.

Características

[editar | editar a fonte]

Os Anos do Sol comezan coa primeira saída do sol, que coincide co regreso dos elfos Noldor á Terra Media, e segundo a perspectiva mitolóxica de Tolkien, chegan até os nosos días: a Historia de Arda debe interpretarse en sentido ficticio como a historia da Terra. No contexto dos escritos de Tolkien, os Anos do Sol comezan contra a fin da Primeira Idade dos Fillos de Ilúvatar (590 anos antes desta rematar) e continúan ao longo da Segunda, Terceira e parte da Cuarta. Nunha carta escrita en 1958, Tolkien escribiu a seguinte nota ao pé, especulando el mesmo sobre que idade estariamos a vivir hoxe en día:

"Eu imaxino que o oco [entre a Caída de Barad-dûr e os tempos modernos] é duns 6000 anos; quer dicir, agora estamos ao final da Quinta Idade, se as Idades tivesen a mesma duración que a Segunda e Terceira Idades. Mais eu coido que se teñen acelerado; e imaxino que en realidade estamos ao final da Sexta Idade, ou na Sétima."[1]

  1. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #211, páx. 283, ISBN 0-395-31555-7