Anne Philipe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Anne Marie Nicole Ghislaine Navaux 20 de xuño de 1917 Bruxelas-Capital, Bélxica |
Morte | 16 de abril de 1990 (72 anos) 12.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Cemetery of Ramatuelle (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, actriz, xornalista |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Gérard Philipe |
Fillos | Anne-Marie Philipe |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Philipe, Anne, 1917-1990, |
Anne Marie Ghislaine Nicole Navaux, coñecida como Anne Philipe, nada o 20 de xuño de 1917 en Bruxelas e finada o 16 de abril de 1990 en París, foi unha escritora francesa. Casou co coñecido actor francés Gerard Philipe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en filosofía e antropoloxía, cineasta e escritora, Anne Philipe foi educada pola súa nai, os seus pais divorciáronse pouco despois do seu nacemento. Despois de estudar filosofía, foise de Bélxica e trasladouse a Francia.
En 1938 casou con François Fourcade, sinólogo francés, tomando o nome de Nicole Fourcade. Tiveron un fillo, Alan, nado o 28 de xullo de 1939. En decembro de 1946, Nicole Fourcade trasladouse xunto co seu marido a Nanjing, na China, onde era asesor cultural da Embaixada de Francia. Volveron os tres a trasladarse a Caxemira, na India, no ano 1948, recorrendo a antiga Ruta da seda cunha caravana. Nicole Fourcade foi a primeira muller francesa en cruzar o deserto de Xinjiang. Uns anos despois (en 1955 publicaría Caravanes d’Asie (en francés, "Caravanas de Asia"), baseado nestas viaxes.
Despois do seu divorcio, volveu casar en 1951 co famoso actor francés Gerard Philipe, que coñecera en 1942 en Niza converténdose en bos amigos durante unha estadía nos Pireneos. O seu novo nome de casada pasou a ser Anne Philipe. Tiveron dous fillos, Anne-Marie Philipe, nada en 1954, e Oliver Philipe, nado en 1956. En marzo de 1953, a parella trasladouse a Clery, compaxinando etapas nesta vila con outras na rue de Tournon, en París.
Ademais de Caravanes d’Asie, Anne Philipe comezou a publicar informes (sobre Venezuela, Xapón, Cuba) e facer documentais en Asia e África. Pero foi o seu libro O tempo dun salaio (Le Temps d’un soupir, traducido ó galego por X.M.Beiras), que a revela como unha grande escritora. Le Temps d’un soupir foi publicado en 1963, conta con emoción e modestia as últimas semanas de vida en común con Gerard Philipe, que morreu o 25 de novembro de 1959 ós 37 anos de idade. Relata con magnífica dignidade e moderación a intensidade do amor que tivo polo seu marido.
Posteriormente publicou máis libros, entre eles, Les Rendez-vous de la colline (1966), Spirale (1971), Ici, là-bas, ailleurs (1974), Un été près de la mer (1977), Les Résonances de l'amour (1982), Je l'écoute respirer (1984). Anne Philipe é a autora, xunto con Guy Weelen, dunha monografía sobre o pintor Arpad Szenes. Tamén publicou L'Éclat de la Lumière (1978), que é unha serie de entrevistas cos pintores Maria Helena Vieira da Silva e Arpad Szenes.
Anne Philipe finou en París en 1990. Os seus restos descansan xunto ós de Gérard Philipe, no cemiterio de Ramatuelle. Á súa morte deixou unha novela inacabada.