[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andrea Pecile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Pecile

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Trieste, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Aurora Basket Jesi
Participou en
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006
2005Xogos Mediterráneos de 2005
2001Campionato europeo de baloncesto de 2001 Editar o valor en Wikidata

Andrea Pecile, nado o 30 de marzo de 1980 en Trieste, Friúl-Venecia Xulia, é un ex xogador profesional de baloncesto internacional italiano. Cunha altura de 1,87 xogaba na posición de base.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pecile formouse nos xuvenís do Don Bosco Trieste, para marchar en 1996 a Gorizia, pasando a formar parte do equipo júnior. Posteriormente debutaría co primeiro equipo, que nese momento xogaba na serie A2, segunda máxima categoría do baloncesto italiano. Coa Ginnastica Goriziana conseguiría ao ascenso á Serie A, debutando posteriormente nesa categoría. Ao final da tempada, en 1999, asinaría un contrato co Scavolini Pesaro, que o cedería ao Ragusa na A2 até o ano 2000. Ao ano seguinte volvería ao Scavolini con que xogaría dende o 2000 ao 2003.

Posteriormente marcharía a España, xogando dende o 2003 ao 2005 no Granada, en onde na súa primeira tempada conseguiron ascender dende a liga LEB á ACB, tras vencer ao CAI Zaragoza nas eliminatorias polo ascenso. Os seguintes anos permanecería co club na máxima categoría do baloncesto español, sempre co obxectivo da permanencia. Na tempada 2005-06 volve a Italia para xogar no Montepaschi Siena, que dous anos antes fora campión de Italia, asinando ao ano seguinte a xogar co Air Avellino. Con todo, en decembro de 2006 deixaría ao club da Campania para volver a xogar de novo en Granada (Liga ACB), onde permanecería até 2008. Ao ano seguinte seguiría xogando na liga ACB, pero noutro equipo andaluz, o Cajasol de Sevilla, onde xogaría 16 partidos con medias de 10,6 puntos, 2,6 asistencias e 11,3 de valoración por partido. A mediados da tempada deixaría o equipo hispalense para xogar en Galicia, no Breogán de Lugo. No club lucense faría unha media 6,8 puntos e 1,8 asistencias por partido en liga regular e 11,5 puntos, 0,5 asistencias e 1,5 rebotes nos playoffs.

O 5 de novembro de 2009 chega un acordo para xogar co Crabs Rimini da Legadue, segunda categoría italiana, aínda que o traspaso non se puido facer efectivo debido a problemas burocráticos até final de mes debido a un troco de propietario. En Rimini sería titular en tan só catro partidos, nun equipo condicionado por problemas corporativos. O 30 de xullo de 2010 asina co Aurora Jesi, tamén na Legadue, no que está preto de acadar 16 puntos de media por partido con 4,2 rebotes e 1,8 asistencias. En 2011 asinaría co Biancoblù de Boloña, equipo relacionado co Fortitudo Pallacanestro Bologna, que participa actualmente na Divisione Nazionale B, cuarta categoría do baloncesto itaiano.

Pecile acumuluo 78 presenzas coa selección italiana absoluta de baloncesto, onde anotou un total de 517 puntos (6,6 por partido). No transcuso da súa carreira participou co Eurobasket de 2001, nos Xogos do Mediterráneo 2005, onde gañaron o ouro grazas a unha tripla súa nos últimos intres do partido fronte a Grecia e no Campionato mundial de baloncesto de 2006 do Xapón, onde perderían en oitavos de final contra a selección lituana de Macijauskas, Songaila, Delininkaitis ou Lavrinovič. Tamén foi seleccionado para o All Star Game italiano en 1999, 2000 e 2006.

O seu debut coa selección nacional foi o 26 de novembro de 1999 en Casalecchio di Reno (Boloña, Emilia Romaña). A súa mellor marca anotadora cos Azzurri foi ante a selección de Grecia o 21 de xuño de 2002 cando conseguiu 25 puntos nun torneo amigable en Alassio (Savona, Liguria).

Palmarés

[editar | editar a fonte]

LEGA Ginnastica Goriziana (1997-1999)
LEGA Scavolini Pesaro (1999)
LEGA Virtus Ragusa (1999-2000)
LEGA Scavolini Pesaro (2000-2003)
LEB/ACB C.B. Granada (2003-2005)
LEGA Montepaschi Siena (2005-2006)
LEGA Air Avellino (2006)
ACB C.B. Granada (2006-2008)
ACB Cajasol (2008-2009)
LEB Leite Río Breogán (2009)
LEGADUE Basket Rimini (2009-2010)
Aurora Jesi (2010-2011)
Biancoblù Bologna (2011-2013)
Victoria Libertas Pesaro (2013-2014)
Orlandina Basket (2014-2015)
Pallacanestro Trieste (2015-2017)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]