[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andorra la Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAndorra la Vella
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′N 1°30′L / 42.5, 1.5
PaísAndorra
Paróquia (pt) TraducirAndorra la Vella Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación24.042 (2023) Editar o valor en Wikidata (801,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Valira Editar o valor en Wikidata
Altitude1.022 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creaciónséculo IX Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Cònsol major (en) Traducir Editar o valor en WikidataConxita Marsol Riart (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Cónsul menor Editar o valor en WikidataMarc Pons Martell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalAD500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2AD-07 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webandorralavella.ad Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5112077

Andorra la Vella[1][2] é a capital e unha das sete parroquias do Principado de Andorra, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada.

Ten 12 km² e 22.151 habitantes (2018), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.

O edificio máis emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consell General dende 1702 e con preciosas pinturas murais.

A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.

Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de la Seu d'Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano. O sobrenome de "la Vella", derivado de "la Vila", engadiuse posteriormente para diferenciala do Principado.

O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.

En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.

Andorra a Vella optou a ser a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, que finalmente se celebraron en Vancouver (Canadá).

Demografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Andorra a Vella forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes xuntamente coas parroquias de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. Esta aglomeración esténdese en sentido lonxitudinal seguindo o trazado da estrada.

Andorra a Vella ten 24.574 habitantes, segundo o censo de 2007. A poboación está composta por un 43% de cidadanos españois, 33% de andorranos, 11% de portugueses, e 7% de franceses, máis algunhas outras comunidades minoritarias.

A parroquia está formada por dúas entidades de poboación: Andorra la Vella e Santa Coloma.

Evolución demográfica
1865 1947 1965 1985 1995 2005
1.100 1.975 8.833 17.201 21.984 23.587

Edificios e monumentos

[editar | editar a fonte]

Economía

[editar | editar a fonte]

A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.

Transportes

[editar | editar a fonte]

A cidade non ten aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Tolosa, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que ten servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  2. Outras fontes empregan a forma Andorra a Vella (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]