Anatole Litvak
Nome orixinal | (ru) Анато́ль Литва́к |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Анатолий Михайлович Литвак 21 de maio de 1902 Kíiv, Ucraína |
Morte | 15 de decembro de 1974 (72 anos) Neuilly-sur-Seine, Francia |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, realizador, actor de cinema, produtor de cinema, actor de teatro, produtor |
Período de actividade | 1930 - 1970 |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Miriam Hopkins (1937–1939) Sophie Litvak |
Premios | |
|
Mikhail Anatol Litvak, coñecido como Anatole Litvak (Анатоль Литвак), nado en Kíiv (hoxe en Ucraína) o 21 de maio de 1902 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) o 15 de decembro de 1974 foi un cineasta de orixe ucraína que dirixiu, produciu e escribiu filmes en diferentes países.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Litvak naceu nunha familia de orixe xudía e creceu no Imperio Ruso.[1][2] Cando era adolescente traballou no teatro en San Petersburgo e estudou interpretación na escola dramática estatal. Nos estudos Nordkino dirixiu nove filmes mudos. Marchou a Berlín en 1925 por razóns políticas e ideolóxicas.[3] En Alemaña dirixiu algúns filmes na década de 1930 antes do ascenso dos nazis.
Marchou logo a Francia antes da invasión do país na segunda guerra mundial. A cidade de París converteuse na súa localización preferida, ambientando nela trece dos seus trinta e sete filmes. De todos os axudantes que traballaron con Litvak en Francia, Max Ophüls chegou a ser un recoñecido director.
O filme Mayerling foi o que lle deu sona internacional. O seu éxito fixo que recibise chamadas de Hollywood, incluído un contrato de catro anos coa Warner Bros. Ao aceptar o contrato converteuse nun dos principais directores de finais dos anos trinta.[4] En 1940 dirixiu City for Conquest con James Cagney e Elia Kazan como actor secundario nun dos seus poucos papeis.
Litvak, nacionalizado estadounidense,[1] alistouse no exército ao comezo da segunda guerra mundial. Uniuse ao director Frank Capra para realizar a serie de filmes Why We Fight. Prelude to War gañou o Oscar ao mellor documental en 1942. Grazas aos seus coñecementos de ruso, alemán e francés, supervisou a filmación do desembarco de Normandía.[4]
Ao final da guerra volveu ao cinema, dirixindo filmes como The Snake Pit (1948), Decision Before Dawn (1951) e Anastasia.
Faleceu en 1974 en Neuilly-sur-Seine.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Dolly macht Karriere (1930)
- Nie wieder Liebe (1931)
- Coeur de lilas (1932)
- Sleeping Car (1933)
- L'Équipage (1935)
- Mayerling (1936)
- The Woman I Love (1937)
- Tovarich (1937)
- The Sisters (1938)
- The Amazing Dr. Clitterhouse (1938)
- Confessions of a Nazi Spy (1939)
- Castle on the Hudson (1940)
- City for Conquest (1940)
- All This and Heaven Too (1940)
- Out of the Fog (1941)
- Blues in the Night (1941)
- This Above All (1942)
- The Long Night (1947)
- Sorry, Wrong Number (1948)
- The Snake Pit (1948)
- Decision Before Dawn (1951)
- Act of Love, aka Un acte d'amour (1953)
- The Deep Blue Sea (1955)
- Anastasia (1956)
- Mayerling (1957)
- The Journey (1959)
- Goodbye Again (1961)
- Five Miles to Midnight (1962)
- A noite dos xenerais (1967)
- Die Dame im Auto mit Brille und Gewehr (1970)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wakeman, John (ed.) World Film Directors: 1890 – 1945, H. W. Wilson Co. (1987) pp. 677–683
- ↑ Heinze, Andrew R. Jews and the American Soul: Human Nature in the Twentieth Century, Princeton Univ. Press (2004) p. 198
- ↑ Bowers, Ronald; Hillstrom, Laurie Collier, ed. International Dictionary of Films and Filmmakers: Directors (3rd ed.) St. James Press, 1997 pp. 613–615
- ↑ 4,0 4,1 Robinson, Harlow. Russians in Hollywood, Hollywood's Russians: biography of an image, Northeastern University Press (2007) pp. 27, 116
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anatole Litvak |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Michelangelo Capua, Anatole Litvak: His Life and His Films, McFarland & Co., Jefferson, N.C. 2015
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anatole Litvak na IMDb (en inglés).