Althaea officinalis
Malvavisco | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A. officinalis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 340 kJ (320 kcal) |
1.80 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 0% 0 μg |
Riboflavina (B2) | 6667% 80 mg |
Niacina (B3) | 33% 5 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 160% 8 mg |
Vitamina B6 | 0% 0.003 mg |
Vitamina C | 0% 0 mg |
Vitamina E | 0% 0 mg |
Vitamina K | 0% 0 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 0% 3 mg |
Magnesio | 1% 2 mg |
Cinc | 0% 0.04 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
O malvarisco, malvavisco ou altea, (Althaea officinalis) é unha planta herbácea eurasiática, cultivada desde a antigüidade polas súas propiedades medicinais.
Descrición
[editar | editar a fonte]O malvarisco é unha herba, cuxos talos alcanzan o metro e medio de alto; son erectos, de cor esbrancuxada e lixeiramente pubescente. Ramifícanse pouco. As follas cun tamaño de até 10 cm de alto por 7 cm de ancho, son tamén pubescentes, con peliños brancos, curtos e apertados; dan por iso a sensación de estaren empolvadas, tanto polo feixe como polo envés. Están lobuladas 2 ou 3 veces, e teñen forma romboidal; nótase nelas destacadamente a nerviación. Nacen ao extremo dun longo peciolo, que se vai acurtando a medida que se aproxima ao extremo da planta; posúen estípulas axiais, aínda que estas caen.
As flores, de cor branca ou lixeiramente rosadas, son axilares cun curto pedúnculo. Poden darse solitarias, pero normalmente aparecen en fascículos axilares. O cáliz conta con cinco sépalos soldados e ten epicáliz ou calículo ou un conxunto de brácteas que están encima do cáliz, de tal forma que parece que conte cun segundo cáliz con 6 ou 8 pezas de forma lanceolada. O cinco pétalos, de até 2 centímetros de ancho, están unidos a un tubo estaminal cilíndrico, o androceo, que ten os estames ramificados ou meristémonos, moi vistosos pois as anteras son de cor violeta ou purpúreas.
O froito é un esquizocarpio en forma de disco, de até dous centímetros de diámetro e cunha anchura de medio centímetro. Leste está formado por 15 a 25 unidades máis pequenas, chamadas mericarpos; as sementes permanecen unidas até que se desprenden en segmentos para caer ao chan. Son velosas e de cor verde.
A raíz é grosa, e vai cobrando maior tamaño coa idade. É rica en amidón, e posúe un distintivo gosto doce causado pola forte concentración de polisacáridos; contén ademais pectina e varios flavonoides.
Usos
[editar | editar a fonte]Ornamental
[editar | editar a fonte]Os malvariscos utilízanse en xardinaría como plantas ornamentais. Como a maioría das plantas perennes herbáceas, requiren unha posición asollada ou parcialmente sombreada nun chan húmido e ben drenado.
Medicinais
[editar | editar a fonte]As follas, flores e a raíz de A. officinalis utilizáronse en medicina tradicional a base de herbas. Este uso reflíctese no nome do xénero, que provén do grego ἄλθειν (althein), que significa "curar".[1]
O malvarisco usábase tradicionalmente como alivio para a irritación das membranas mucosas, incluído o uso como gárgaras para a boca (úlceras) e a garganta (úlcera gástrica).[2][3] En Rusia, o xarope de raíz véndese sen prescrición por farmacias, coa intención de tratar enfermidades respiratorias menores.[4]
Culinarios
[editar | editar a fonte]As follas tenras pódense cociñar. Os botóns florais pódense encurtir.[5] As raíces pódense pelar, cortar en rodajas, ferver e adozar para facer doces. A auga que se usa para ferver calquera parte da planta pode ser un substituto da clara de ovo.[5]
O extracto de raíz (extracto de halawa) utilízase ás veces como aromatizante na elaboración dun bocadillo de Oriente Medio chamado halva. A versión francesa posterior da receita, chamada pâte de guimauve (ou guimauve para abreviar), incluía clara de ovo en merengue e a miúdo condimentada con auga de rosas. Pâte de guimauve parécese máis aos marshmallow actuais comercialmente dispoñíbeis, que xa non conteñen Althaea officinalis.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Desta especie aliméntanse as larvas da couza Acontia lucida.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Althaea officinalis foi descrita por Carlos Linneo e publicado en Species Plantarum 2: 686. 1753.[6]
Citoloxía
[editar | editar a fonte]Número de cromosomas de Althaea officinalis (Fam. Malvaceae) e taxons infraespecíficos Althaea officinalis L. Véxase: [7].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Althaea: nome xenérico do Grego αλθαία, -ας, derivado de άλθω, médico, medicamento, curar; logo ao Latín althaea, -ae, o Malvarisco ou altea (Althaea officinalis), pero tamén outras malváceas.[8]
officinalis: epíteto latino que significa "planta medicinal de venda en herbarios"[9]
Sinonimia[10]
[editar | editar a fonte]NOTA: Os nomes que presentan enlaces son sinónimos noutras especies:
- Althaea balearica
- Althaea micrantha
- Althaea officinalis micrantha
- Althaea officinalis pseudoarmeniaca
- Althaea officinalis var. pseudoarmeniaca
- Althaea pulchra
- Althaea sublobata
- Althaea taurinensis
- Althaea villosa
- Althaea villosoides
- Althaea vulgaris
- Malva althaea
- Malva maritima
- Malva officinalis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanley Schuler, ed. (1990). Simon & Schuster's Guide to Herbs and Spices. Simon & Schuster, Inc. ISBN 0-671-73489-X.
- ↑ Cavero, R (2 de decembro de 2014). "Medicinal plants used for respiratory affections in Navarra and their pharmacological validation" 158 (Part A): 216–220. PMID 25311273. doi:10.1016/j.jep.2014.10.003.
- ↑ "John S. Williamson & Christy M. Wyandt 1997. Herbal therapies: The facts and the fiction. Drug topics" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-04-02.
- ↑ "Althaea officinalis - medicinal properties, use, recipes (translated from Russian)". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "Edible wild plants : a North American field guide to over 200 natural foods (Book, 2009) [WorldCat.org]". www.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2022-03-27.
- ↑ "Althaea officinalis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ Proves Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. XVI. Malvaceae Queirós, M. (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 187-199.
- ↑ Althaea en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ GBIF Althaea officinalis
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Althaea officinalis |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de malvavisco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of Chinesa Editorial Committee, 2007. Fl. China Vol. 12.
- Ceballos Jiménez, Andrés (1986). Diccionario Ilustrado de los Nombres Vernáculos de las Plantas en España. I.C.O.N.A.
- Font Quer, Pío (1990). Plantas Medicinales. El Dioscórides renovado. Barcelona: Labor.
- VV. AA. (1993). Flora Ibérica. Plantas vasculares de la Península Ibérica e Islas Baleares. Vol. III Plumbaginaceae (partium). Madrid: Real Jardín Botánico, C.S.I.C.