Alternatiba
Aparencia
Alternatiba | |
---|---|
Partido político de Euskadi | |
Historia | |
Fundación | 29 de abril de 2009 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo, internacionalismo, dereito de autodeterminación, vasquismo, soberanismo, anticapitalismo, ecoloxismo, feminismo |
Representación | |
Parlamento Vasco | 1 / 75 |
Congreso dos Deputados | 1 / 350 |
Outros datos | |
Na rede | |
alternatiba.net | |
Alternatiba é un partido político cuxo ámbito de actuación, segundo os seus estatutos, é Euskal Herria.[1] Xurdido en 2009 por unha escisión de Ezker Batua-Berdeak, forma parte de Euskal Herria Bildu e foi membro das coalicións electorais Bildu e Amaiur.
Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2012 tres membros de Alternatiba resultaron electos dentro da candidatura de Euskal Herria Bildu; Oskar Matute e Arturo Muñoz foron pola circunscrición de Biscaia e Diana Urrea pola de Guipúscoa. Máis tarde, Arritokieta Zulaika (EA) tomaría posesión do acta parlamentaria substituíndo a Arturo Muñoz.
Nas eleccións xerais de España de 2016, Oskar Matute encabezou a lista de EH Bildu ao Congreso por Biscaia, resultando elixido deputado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatutos de Alternatiba: «Art. 3º. Euskal Herria é o ámbito de actuación de Alternatiba. Calquera iniciativa fóra dela enmarcarase no campo da solidariedade internacionalista ou nas relacións de cooperación entre forzas soberanas para actuar no ámbito supranacional.»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alternatiba |