[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alfonso López Michelsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso López Michelsen

(1977) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Central de Bogotá Editar o valor en Wikidata
Presidente de Colombia
7 de agosto de 1974 – 7 de agosto de 1978
← Misael Pastrana BorreroJulio César Turbay Ayala →
Minister of Foreign Affairs of Colombia (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Rosario Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, avogado, profesor universitario, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Colombiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCecilia Caballero Blanco Editar o valor en Wikidata
FillosAlfonso López Caballero, Felipe López Caballero Editar o valor en Wikidata
PaisAlfonso López Pumarejo Editar o valor en Wikidata  e María Michelsen de López Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1025736 WikiTree: López_Michelsen-1

Alfonso Antonio Lázaro López Michelsen, nado en Bogotá o 30 de xuño de 1913 e finado en Bogotá o 11 de xullo de 2007, foi un político liberal, avogado, catedrático e columnista colombiano. Fillo do presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo, avogado da Universidade do Rosario, foi elixido Presidente de Colombia no período 1974-1978 polo Partido Liberal.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alfonso López Michelsen estudou a primaria no Ximnasio Moderno de Bogotá, para logo estudar en Europa, en colexios de Bélxica, o Reino Unido e Francia, particularmente en Lille, onde obtivo o seu grao de bacharel.[2][3] Logo estudou na Universidade do Rosario, obtendo o título de avogado. Posteriormente fixo estudos de especialización na Universidade de Chile e de posgrao en Dereito Público e Constitucional na Universidade de Georgetown, para daquela ser profesor de Dereito constitucional na Universidade Libre (Colombia).[2][3]

Foi o primeiro dos fillos do dúas veces presidente de Colombia Alfonso López Pumarejo e da súa esposa María Michelsen Lombana, sendo o maior dos homes. Os seus irmáns foron María, Pedro, María Mercedes e Fernando López Michelsen. Foi neto dos empresarios Pedro Aquilino López e Sinforoso Pumarejo Quirós, e tataraneto, polo lado paterno, do artesán e político Ambrosio López Pinzón (1809-1897) e por parte materna de Bernardina Ibáñez, coñecida na historia de Colombia polos seus amores co libertador Simón Bolívar.

Alfonso López Michelsen contraeu matrimonio o 23 de outubro de 1938 en Bojacá (Cundinamarca) con Cecilia Caballero Blanco, filla de Julio Caballero Barrera e de Mary Blanco Barroso. Tivo tres fillos froito do seu matrimonio.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Alfonso López Michelsen 1913 - 2007 - Archivo Digital de Noticias de Colombia y el Mundo desde 1.990 - eltiempo.com". eltiempo.com. Consultado o 10 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "López Michelsen, Alfonso | banrepcultural.org". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2016.