Alcelaphus
Acelaphus Alcélafos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcelaphus buselaphus | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
Antilope bubalis Pallas, 1767 = Antilope buselaphus Pallas, 1766 | |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Alcelaphus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, que é o tipo da subfamilia dos alcelafinos.[1]
As súas especies habitan nas sabanas africanas e son coñecidas vulgarmente na bibliografía como búbalos[2].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1816 polo naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, na súa obra Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal. Bulletin de la Société Philomatique de Paris, Vol. 8.
Segundo Mammal Species of the World (MSW), de Wilson & Reeder, o xénero Alcelaphus comprende tres especies viventes:[1]
- Xénero Alcelaphus
- Alcelaphus buselaphus
- Alcelaphus caama (antes considerada unha subespecie de Alcelaphus buselaphus)
- Alcelaphus lichtensteinii (ás veces incluída no xénero Sigmoceros)
Esta clasificación é a admitida pola maioría das bases de datos de taxonomía.
Porén, segundo a UICN, o xénero sería monoespecifico:[3]
- Xénero Alcelaphus
Moitos taxons incluíronse entre os sintipos de Antilope buselaphus Pallas, 1766 ao longo do tempo, polo que era necesaria a designación dun lectotipo.
Até seis especies foron recoñecidas por autores antigos (Alcelaphus buselaphus, A. cokii, A. lelwel, A. major, A swaynei, A. tora) foron asignadas a Alcelaphus buselaphus, pero comprobáronse hibridacións entre algunhas delas (Ruxton & Schwarz, 1929); Alcelaphus caama foi incluída máis tarde (Ellerman et al., 1953:202); tamén foi incluída A. lichtensteinii (Haltenorth, 1963: 102; Kingdon, 1997: 429), pero non admitida pola maioría dos autores.
As especies poden repartirse en dúas "divisións":
- A denominada "división buselaphus" (incluíndo tamén A. major), e na división lelwel e
- A "división tora" (incluíndo tamén A. cokii e A. swaynei) sobre a base da morfoloxía do cranio, pero datos da secuencia do citocromo b bucles de desprazamento (D-loop) do ADN suxiren unha estreita afinidade entre as divisións lelwel e tora (Flagstad et al., 2000).[4]
Segundo a UICN, nesta única especie distínguense as seguintes subespecies:[3]
- Alcelaphus buselaphus ssp. buselaphus
- Alcelaphus buselaphus ssp. caama
- Alcelaphus buselaphus ssp. cokii
- Alcelaphus buselaphus ssp. lelwel
- Alcelaphus buselaphus ssp. lichtensteinii
- Alcelaphus buselaphus ssp. major
- Alcelaphus buselaphus ssp. swaynei
- Alcelaphus buselaphus ssp. tora
A subespecie A. alcelaphus buselaphus, o búbalo do norte de África, esta hoxe extinguida.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Son antilopes de estraña aparencia, máis altos na cruz que nas ancas e coa face recta, estreita e longa.[5][6]
Os seus cornos, que están presentes en ambos os sexos, son anelados e crecen sobre un pedicelo exaxeradamente elevado.[5] [6]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os búbalos distribuíanse antigamente desde o norte de África (onde hoxa xa non existen) e África oriental ao longo das sabanas e praderías da África subsahariana e pola sabanana arborada (miombo) do centro-sur de África até o extremo de Suráfrica. Están ausentes no deserto do Sáhara e da selva ecuatorial occidental (cunca do Congo).[3]
Máis tolerantes coas zonas boscosas e de herbas alta ca outros alcelafinos, os búbalos prefiren os bordos de chairas abertas; por exemplo, en zonas abertas como os pasteiros do P. N. do Serengeti en Tanzania, encóntranse tipicamente ao redor dos bordos dos bosques. Rexistráronse a 4.000 m de altituide monte Kenya. Case exclusivamente herbívoros, os búbalos aliméntanse selectivamente en pasteiros con herba de altura media; son menos dependentes da auga que outros alcelafinos, pero dependen da dispoñibilidade de superficies de auga para beber.[3]
Poboación
[editar | editar a fonte]Estímase que a poboación total de búbalos é duns 362.000 individuos (incluíndo a de A. b. lichtensteinii). Porén, este total está claramente influído polo número de sobreviventes de A. b. caama en África do sur, onde se estima que hai uns 130.000 (dos que un 40 % vive en terreos privados e un 25 % en áreas protexidas). En contraste, menos de 600 A. b. swaynei sobreviven en Etiopía, a inmensa maioría deles no Santuario de Senkelle e no P. N. Mazie. As estimacións do tamaño das poboacións da restantes subespecies son: 36.000 A. b. major (o 95 % en e ao redor de áreas protexidas); 70.000 A. b. lelwel (cerca do 40 % en áreas protexidas); 3.500 A. b. cokii en Kenya e Tanzania (só o 6 % en áreas protexidas e a maioría do resto en granxas de gando extensivo); 82.000 de A. b. lichtensteini e 42.000 de A. b. cooki (ao redor do 70 % en áreas protexdas). O número de sobreviventes de A. b. tora é descoñecido, pero é pouco probábel que non sexan máis que uns centos de individuos.
Segundo a UICN a situación da especie é LC (pouco preocupante), pero as súas poboacións están diminuíndo progresivamente.[3]
-
A. b. buselaphus (†)
-
A. b. caama
-
A. b. cokii
-
A. b. lichtensteinii =
A. lichtensteinii -
A. b. swaynei
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ "búbalo". DIGALEGO. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Alcelaphus buselaphus na Lista vermella da UICN.
- ↑ Alcelaphus buselaphus Arquivado 28 de outubro de 2014 en Wayback Machine. en Smithsonian. National Museum of Histiry Natural. Datos tirados de Wilson & Reeder's Mammal Species of the World. 3rd Edition.
- ↑ 5,0 5,1 Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 232-235.
- ↑ 6,0 6,1 Haltenorth, T. & Diller, P. (1986), pp. 84-87.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcelaphus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alcelaphus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 112–123.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros arttigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alcelaphus buselaphus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 2 de setembro de 2014.
- Alcelaphus de Blainville, 1816 en Wilson & Reeder Mammals Species of the World 3rd edition.
- Alcelaphus no SIIT.
- Alcelaphus en ADW.
- Alcelaphus en NCBI.