[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ahmedabad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAhmedabad
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoAhmed Shah I (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 23°01′19″N 72°34′47″L / 23.0219, 72.5797
PaísIndia
Estado da IndiaGujarat
Distrito da IndiaAhmedabad district (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Ahmedabad district (en) Traducir (1817–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.645.000 (2016) Editar o valor en Wikidata (16.470,44 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie464,165 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSabarmati (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude53 m Editar o valor en Wikidata
Creación26 de febreiro de 1411 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoGautam Shah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3800XX Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico079 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webahmedabadcity.gov.in Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6079080
Cidade Vella de Ahmedabad.

Ahmadabad[1] ou Ahmedabad[Cómpre referencia] (en gujarati: અમદાવાદ, coñecida tamén como Karnavati) é a cidade máis grande do Gujarat e a sexta da India, capital do distrito de Ahmedabad e primeira capital do estado de Gujarat entre 1960 e 1970. Ten 3 724 300 habitantes.

Despois dunha batalla co rei dos Bhils Ashapall, o rei Karandev I de Anhilwara no século XI fundou a cidade co nome de Karnavati nas beiras do río Sabarmati. Conquistada no ano 1411 polo sultán Ahmed Shah, converteuna na capital do sultanato de Gujarat. En 1573 pasou ao Imperio Mogul. Entre os seus monumentos destaca a mesquita Jama Masjid (1424) e o Mausoleo de Ahmed Shah.

Aínda que varios asentamentos hindús seica existían antes do século X (mesmo un co nome de Bhadra a carón do río), evidencias arqueolóxicas ratifican a ocupación do lugar no século XI por unha cidade dos Bhil chamada Ashaval (ou Ashapalli). En 1074 o rei Karandev I dos Solanki de Anhilvada (hoxe Patan) conquistou o territorio establecendo unha nova cidade a beira do río Sabarmati (no actual barrio de Maninagar, ao sur) que chamou Karnavati. No século XIII pasou a formares parte do Sultanato musulmán de Delhi.

Fundación

[editar | editar a fonte]

En 1398, co sultanato moi debilitado trala invasión de Timur, o gobernador de Gujarat Zafar Khan Muzaffar proclamou a independencia do Sultanato de Gujarat establecendo a dinastía Muzaffárida.

Representación de Ahmedabad en tea (do s. XIX, co norte á dereita).

O seu fillo e sucesor Ahmed Shah I decidiu fundar unha nova capital, imaxe representativa do novo poder islámico, xunto a Karnavati na beira oriental do Sabarmati (debido tamén á vulnerabilidade de antiga capital hindú Anhilvada-Patan). En 1411, coa erección da cidadela do Forte Bhadra, daba comezo a historia de Ahmedabad.

A capital organizouse ao longo dun eixo monumental oeste-leste (Raj Marg, hoxe Gandhi Road) dende a cidadela palaciana entre o forte e o río ata a Mesquita do Venres (Jumma Masjid, 1423) no centro. Diante do Forte Bhadra abríase unha praza real (Maidan-e Shah) que era o espazo público maior da cidade. Polo leste, unha tripla porta monumental (Teen Darwaza) separaba a praza rexia da praza pública (Chowgan, onde cortábase co eixo norte-sur da cidade). Finalmente a gran Mesquita coa posterior tumba do fundador da cidade (1441) e, a un e outro lado, mercado (Manek Chowk) e bazares [2]. A arquitectura era unha rica e orixinal mestura das tradicións hindú, xainista e islámica.

No 1487 o neto de Ahmed Shah, Mahmud Begada, arrodeou a cidade cunha muralla de 10 km con doce portas segundo tódalas rutas do sultanato que, coma rúas, arterias da urbe, partían do conxunto central antedito.

Esplendor e declive

[editar | editar a fonte]

Este organismo urbano mantívose no fundamental ata o século XIX, sendo unha das maiores cidades do mundo nos séculos XVI e XVII. Ahmed Shah favorecera o asentamento de mercadores, artesáns e tecedores, o que converteuna de seguido no centro comercial do noroeste do subcontinente e deu inicio a unha próspera industria téxtil. Asemade floreceu coma centro financeiro.

A conquista mongol (1573) e a subseguinte perda da corte non supuxo mingua para a importancia comercial, industrial e crediticia de Ahmedabad. Os mongois incorporaron un novo estilo arquitectónico e numerosos xardíns palacianos nos arredores da muralla (ver a imaxe enriba).

A área residencial da cidade foi enchendo o recinto amurallado e compoñíase coa xustaposición, labiríntica e xerarquizada ao tempo, dunha característica unidade habitacional chamada pol (ata 357 contabilízanse), xeralmente dun mesmo clan, casta ou oficio, composta de varias vivendas dispostas arredor de patios e rueiros sen saída [3][4][5].

No século XVIII un conxunto de factores concatenados provocaron a decadencia da cidade: epidemias, inundacións e sobor de todo a conquista polos Marathas en 1753 e as posteriores loitas de clans polo poder. A rivalidade de Surat que víñase producindo dende o século XVII terminou coa súa preeminencia e a emigración masiva das clases mercantís. Suburbios da cidade quedaron desertos e mansións en ruína.

Goberno británico e independencia

[editar | editar a fonte]

En 1818 a Compañía Británica das Indias Orientais faixe co poder da cidade. En 1864 abriuse a liña de ferrocarril ata Bombai e Ahmedabad convertese nun importante nu de comunicacións entre o norte o e sur da India pola costa occidental. Da man da clase empresarial local a industria téxtil volve a adquirir a pasada robustez e fortes continxentes de traballadores inmigran do rural producindo un rápido crecemento e modernización.

A cidade amurallada énchese incrementando a densidade, e pronto supera os límites expandíndose cara ao nordés e sueste. As primeiras pontes sobor do Sabarmati (Ponte Ellis, 1870; Ponte Sardar, 1939; Ponte Gandhi, 1940) [6] permiten a urbanización da beira oeste e en adiante a cidade crece segundo un patrón de círculos concéntricos á cidade amurallada.[7][8]

Esta foi a cidade onde en 1915, na ourela do río asentouse Gandhi, iniciando a súa loita pacífica pola independencia da India. Trala consecución (1948) e coa partición os conflitos entre as comunidades hindú e musulmán teñen sido frecuentes ata o presente. Capital de Gujarat en 1960 (inda que a veciña, e case suburbio, Gandhinagar o sexa de dereito dende 1970), Ahmedabad tense desenvolvido coma un centro educativo, cultural, científico e tecnolóxico de primeira orde e diversificado a súa estrutura industrial.

Entre os ambiciosos plans que estanse a levar a cabo destaca a recuperación e desenvolvemento das ribeiras do Sabarmati [9][10].

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Ahmadabad (India) 
  2. Vista satelital do eixo fundacional da cidade
  3. "Debuxo dun pol". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  4. Outro exemplo máis rico
  5. Paseo debuxado por algúns pols da cidade vella
  6. Ahmedabad Municipal Corporation (ed.). "History of Ahmedabad". ahmedabadcity.gov.in. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  7. "SLBUT". utbenchmark.in. Arquivado dende o orixinal o 30-08-2018. Consultado o 29-05-2019. 
  8. "Ahmedabad City Map". Times of India Travel. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  9. "Plan da ribeira do Sabarmati". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  10. Perspectiva do futuro Sabarmati