[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aeroporto de Zagreb

Aeroporto de Zagreb
Međunarodna zračna luka Franjo Tuđman Zagreb

IATA: ZAG – ICAO: LDZA
Sumario
Tipo público/militar
Operador MZLZ d.d., Aéroports de Paris
Cidade/Illa Zagreb
Localización Velika Gorica
Elevación (msnm) 108 metros / 353 pés
Coordenadas
Web http://www.zagreb-airport.hr
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 3 252 10 669 formigón/asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 3 092 047

O aeroporto Franjo Tuđman (IATA: ZAGOACI: LDZA), tamén coñecido como aeroporto de Zagreb, é o aeroporto internacional máis grande e concorrido de Croacia. Durante o ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 3 092 047 pasaxeiros e unhas 12 000 toneladas de carga.[1]

Bautizado na honra de Franjo Tuđman, o primeiro presidente de Croacia, o aeroporto está situado en Velika Gorica, a uns 10 quilómetros ao sueste da estación central de Zagreb. É o centro de conexións para a aeroliña nacional Croatia Airlines, ademais de para Trade Air. Unha base da Forza Aérea e Defensa Aérea de Croacia atópase dentro do complexo do aeroporto, e tamén hai un centro administrativo do control de tráfico aéreo croata nos seus terreos.

O aeroporto foi adxudicado ao consorcio ZAIC (Zagreb Airport International Company) nunha concesión de 30 anos baixo os termos dun contrato asinado co goberno de Croacia. O contrato incluía o financiamento, deseño e construción dunha nova terminal de pasaxeiros que foi inaugurada en marzo de 2017.[2] Co propósito de dirixir o aeroporto ZAIC rexistrou unha compañía chamada MZLZ d.d. (Međunarodna zračna luka Zagreb d.d.), que é a operadora das instalacións.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines
operado por Olympic Air
Atenas (comeza en maio de 2018)
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Air Canada Rouge Estacional: Toronto-Pearson (comeza en xuño de 2018)[3]
Air France París-Charles de Gaulle
Air Serbia Belgrado
Air Transat Estacional: Montreal-Trudeau (comeza en maio de 2018), Toronto-Pearson
Austrian Airlines Viena
British Airways Londres-Heathrow
Brussels Airlines Estacional: Bruxelas
Croatia Airlines Ámsterdam, Barcelona, Bruxelas, Copenhague, Dubrovnik, Frankfurt, Lisboa, Londres-Heathrow, Múnic, París-Charles de Gaulle, Pula, Roma-Fiumicino, Saraxevo, Skopje, Split, Viena, Zadar, Zürich
Estacional: Atenas, Bucarest,[4] Brač, Düsseldorf, Helsinqui, Milán-Malpensa, Oslo-Gardermoen, Praga, Pristina, Rijeka, San Petersburgo, Estocolmo-Arlanda,[4] Tel Aviv-Ben Gurion
Czech Airlines Estacional: Praga
El Al Tel Aviv-Ben Gurion
Emirates Dubai-Internacional[5]
Eurowings Düsseldorf
Estacional: Hamburgo
Eurowings Colonia/Bonn, Düsseldorf
Eurowings
operado por Germanwings
Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Stuttgart
Iberia Estacional: Madrid
KLM Ámsterdam
LOT Polish Airlines Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Frankfurt, Múnic
Norwegian Air Shuttle Copenhague, Estocolmo-Arlanda
Qatar Airways Doha
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Estacional: Zürich
Trade Air
operado por AIS Airlines
Osijek
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Vueling Estacional: Barcelona
Aeroliñas Destinos
DHL Aviation
operado por European Air Transport
Boloña, Colonia/Bonn, Leipzig, Bérgamo, Venecia
Emirates SkyCargo
operado por Emirates
Dubai-International
MNG Airlines Istanbul-Atatürk, París-Charles de Gaulle
Qatar Airways Cargo
operado por Qatar Airways
Doha
  1. Zagreb Airport (ed.). "Statistics for 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  2. Total Croatia News (ed.). "New terminal at Zagreb Airport officially opened". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  3. Air Canada (ed.). "Air Canada Expands its Global Network with New and Enhanced Services to Europe, South America and Africa for Summer 2018" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Routes Online (ed.). "Croatia Airlines schedules new routes in S17" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  5. Emirates (ed.). "Emirates to Launch Daily Flights to Croatia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]