[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aeroporto de Londres-Southend


Aeroporto de Londres-Southend
London Southend Airport

IATA: SEN – ICAO: EGMC
Sumario
Tipo Civil
Propietario Stobart Group
Operador London Southend Airport Company Ltd.
Cidade/Illa Southend, Essex e Gran Londres
Localización Rochford, Essex
Elevación (msnm) 55 metros / 17 pés
Web southendairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 1856 6089 asfalto

O Aeroporto de Londres-Southend (IATA: SEN, ICAO: EGMC) é un aeroporto internacional no distrito de Rochford en Essex, Inglaterra, aproximadamente a 68 quilómetros (42 mi) do centro de Londres[1].

Durante a década de 1960, Southend foi o terceiro aeroporto máis transitado no Reino Unido[2]. Mantívose como o terceiro aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros de Londres até a fin da década de 1970, cando o papel de "terceiro aeroporto de Londres" pasou a Stansted[3]. Despois da súa compra por parte de Stobart Group en 2008, que estableceu un programa de constante desenvolvemento, cunha terminal de nova construción e a torre de control, e un servizo de tren regular que vai desde a estación do aeroporto de Southend á Liverpool Street no centro de Londres.

EasyJet comezou os seus servizos mediante a apertura dunha base en abril de 2012. A empresa irlandesa Aer Lingus Regional iniciou voos regulares a Dublín en maio dese mesmo ano. Como resultado, o aeroporto experimentou un rápido aumento no número de pasaxeiros. Arredor de 617.000 pasaxeiros utilizaron o aeropuerto durante o ano 2012. Con 721.661 pasaxeiros nos 12 meses seguintes ao inicio destes servizos. O número de pasaxeiros creceu até aproximadamente 970 000 en 2013. O operador aeroportuario espera aumentar o número de pasaxeiros a dous millóns para o ano 2020.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O aeroporto está localizado entre Rochford e Southend, no condado de Essex, a 58 km (36 mi) ao leste de Londres. Dispón dunha única pista de 1.856 metros (6.089 ft) de asfalto, con capacidade máxima para acoller aeronaves tipo Boeing 757.

A terminal actual completouse en febreiro de 2012, e tén dúas cafetarías, un bar, duty-free, un quiosco de WHSmith, caixeiro dispensador de Libras esterlinas,e Euros, unha axencia de troco de divisas, alugueiro de taxi, alugueiro de coches de Europcar e Hertz.

A vella terminal presta agora servizo para avións privados, con salas de espera propias e salas de conferencias.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
easyJet Alacant, Ámsterdam-Schiphol, Barcelona, Faro, Málaga, Malta (comeza en outubro de 2017),[4] París-Charles de Gaulle
Estacional: Xenebra, Eivisa, Jersey, Lanzarote, Lión, Menorca, Murcia, Palma de Mallorca, Tenerife-Sur
Flybe
operado por Stobart Air
Budapest, Colonia/Bonn (remata en outubro de 2017), Dublín, Glasgow (comeza en outubro de 2017), Groningen,[5] Lión, Manchester (comeza en outubro de 2017), Milán-Malpensa, Praga, Rennes, Viena
Estacional: Caen, Dubrovnik, Perpiñán (remata en setembro de 2017), Reus (remata en outubro de 2017), Venecia (remata en outubro de 2017), Zadar
Powdair Estacional: Sion (comeza en decembro de 2017)
SkyWork Airlines Estacional: Sion (comeza en decembro de 2017)
Volotea Chárter estacional: Palma de Mallorca
Estación de Southend Airport

Desde 2011, o aeroporto ten a súa propia estación de tren preto da terminal de pasaxeiros, Estación de Southend Airport na Liña Shenfield-Southend, a cal está servida por Abellio Greater Anglia conectando o aerporto coa Estación de Liverpool Street en Londres con até 8 frecuencias por hora e na Estación de Southend-Victoria na outra dirección. A viaxe ao centro de Londres leva aproximadamente 53 minutos.[6]

Ao aerporto pódese chegar en 20 minutos desde o Nó 29 na M25 vía A127. Está servido por buses de Arriva Southend desde a entrada do aeroporto a Southend (7, 8 e 9), Rochford (7 e 8), Ashingdon (7), Hawkwell (8), Hockley (7 e 8), Eastwood (9) e Rayleigh (7, 8 e 9).[7] As liñas 7, 8 e 9 son operadas normalmente con buses modernos, de plataforma baixa e acceso para persoas con mobilidade reducida. First Essex opera a liña X30 desde a terminal a Chelmsford e o aeroporto de Londres-Stansted.[8][9]

  1. "Google Maps". Google Maps. Consultado o 26-03-2016. 
  2. "EasyJet Helps Make Southend London's Sixth Major Airport". LondonNet. Consultado o 26-03-2016. 
  3. EasyJet to offer flights from Southend Arquivado 19 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Financial Times, published 2011-06-16. Retrieved 17 June 2011
  4. Echo (ed.). "Enjoy year-round sun with new Malta flights from Southend Airport". Consultado o 10 de setembro de 2017. 
  5. Oog TV (ed.). "Veel meer passagiers op Airport Eelde". Consultado o 12 de setembro de 2017. 
  6. "London Southend Airport - Trains – General Information". southendairport.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  7. "ARRIVA – Arriva's routes in Southend". Arrivabus.co.uk. Consultado o 2013-06-29. 
  8. "FirstGroup Welcome Page" (PDF). Firstgroup.com. Consultado o 2013-08-24. 
  9. "London Southend Airport - Bus and Coach". southendairport.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]