[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Advocación mariana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nosa Señora dos Milagres, de Baños de Molgas.

No catolicismo, unha advocación mariana é cada un dos nomes con que se referir á Virxe María, segundo os seus misterios, as súas aparicións, os seus dons, os seus atributos ou as circunstancias históricas e xeográficas.[1][2] A Igrexa católica admite numerosas advocacións, ás que se rende culto de diversas maneiras.

Tipos de advocacións

[editar | editar a fonte]

Pódense agrupar a maioría das advocacións marianas en diversas categorías:[3]

  1. Relativas aos misterios ou pasaxes da vida da Virxe, como a Inmaculada Concepción, a Anunciación, a Asunción, a Presentación etc.
  2. Relativas a verdades teolóxicas abstractas, como a Esperanza, a Caridade, a Consolación etc.
  3. Relativas aos estados físicos ou psicolóxicos da Virxe, como as Dores, a Soidade etc.
  4. Relativas á súa condición de mediadora e protectora da humanidade, como Auxiliadora, as Mercedes, os Remedios etc.[4]
  5. Relativas a froitos, flores, aves... utilizados como símbolos das súas calidades, como o Piñeiro, a Granada, a Pomba etc.
  6. Coroación de Nosa Señora de Fátima, o 13 de maio de 1946.
    Relativas a accidentes xeográficos, xeralmente coincidentes coas paraxes onde se atopan os seus santuarios, como Carme, o Mar, Fátima, Lourdes, Cela etc.

As advocacións marianas adóitanse nomear coas fórmulas “Santa María de”, “Virxe de” ou “Nosa Señora de”. Mais tamén, as advocacións adoitan dar lugar en moitos casos a nomes propios femininos, compostos do nome María e mais da súa advocación: María do Carme, María das Dores, María de Lourdes etc.

Aínda que o nome sexa diferente en canto ao atributo relativo á Virxe María sempre se refire unicamente a ela, así se faga mención de varios nomes nun mesmo momento, a instancia é a mesma, a Virxe María.

Celebración

[editar | editar a fonte]

A Igrexa católica conmemora as distintas advocacións da Virxe convertidas nunha tradición e que se incluíron ao longo do ano litúrxico, algunhas incluídas no calendario romano xeral e a maioría nos calendarios propios das igrexas locais ou as ordes relixiosas.

Moitas advocacións locais celébranse coincidindo coa Inmaculada Concepción, a Natividade, a Asunción ou durante o mes de maio, que a Igrexa dedica tradicionalmente á Virxe.

  1. "Advocaciones marianas". 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-19. 
  3. González Gómez, Juan Miguel (1992). Escultura mariana onubense : historia, arte, iconografía. Instituto de Estudios Onubenses "Padre Marchena" , Excma. Diputación Provincial de Huelva. p. 17. ISBN 8485268873. OCLC 15683701. 
  4. "Mediación Universal de María Santísima | Rosal Misionero" (en castelán). Consultado o 7 de julio de 2018.