[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Adealla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adealla deixada polo cliente nunha mesa de restaurante.

A adealla[1] ou propina é unha recompensa xeralmente económica que se outorga como agradecemento por un bo servizo e polo produto consumido.

Na maioría dos sitios, o cliente decide se dá ou non unha adealla e o monto desta. Nos últimos anos nalgúns países a adealla converteuse nun pago obrigatorio por algúns servizos, sendo os restaurantes son o mellor exemplo disto. Porén, ó ser obrigatoria fai que perda o carácter de adealla (aínda que se conserve o nome).[2][3]

Estas situacións comezaron a polarizar ós consumidores, habendo por unha banda xente que pensa que a adealla é algo practicamente obrigatorio para apoiar á economía do traballador, por outra banda hai quen cren que dar adealla só propicia que os salarios se manteñan a niveis denigrantes. Mentres que algúns outros só ven a adealla como un vello costume.

En 2007 Pedro Solbes, daquela Ministro de Economía de España afirmou que as adeallas excesivas son un factor para o aumento da inflación do país.[4]

En países como os Estados Unidos, o costume de deixar adealla expandiuse máis aló dos restaurantes. É así que é común entregar adealla ó chofer do taxi (15 %), ós mozos dos recados do hotel e ó peiteador.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]