[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Acuicultura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha batea nunha ría galega.

A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticos[1], especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.

Produción

[editar | editar a fonte]

Dous terzos da produción mundial corresponden a China. Segundo datos da Xunta de Galicia no ano 2002 había en Galicia 3.537 bateas, 1.200 parques de cultivo, 17 granxas mariñas, 37 granxas continentais e 5 criadeiros, cunha produción total de 267.000 toneladas (256.000 de mexillón) [Cómpre referencia].

Tipos de cultivos acuícolas

[editar | editar a fonte]
  • Acuicultura mariña: cultivo de especies mariñas, tanto de peixes, crustáceos ou moluscos (como o mexillón ou o polbo). Ten unha grande importancia económica e, no caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras.
  • Acuicultura de auga doce:
    • Carpicultura: é o cultivo da carpa e outros Ciprínidos, especies de auga doce non tropical.
  1. Robert R. Stickney Aquaculture: an introductory text. CABI, 2005, páxina 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]