[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Acoso físico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acoso físico é unha forma de acoso que consiste na persecución ininterrompida e intrusiva a un suxeito co que se pretende iniciar ou restablecer un contacto persoal contra a súa vontade.[1] O termo úsase no ámbito da socioloxía, psicoloxía, o dereito e as Ciencias naturais.

En psicoloxía utilízase o termo acoso para referirse a un trastorno que sofren algunhas persoas e que as leva a espiar a súa vítima, seguila pola rúa, chamala por teléfono, mandarlle cartas, mensaxes sms, agasallos, escribindo o seu nome en muros de zonas moi visíbeis ou mesmo ameazala e cometer actos violentos contra ela.

Así mesmo, este trastorno pode deberse a unha obsesión desenvolvida cara á vítima.

Tamén se debe considerar que moitos casos de acoso non necesariamente se derivan dunha obsesión persoal; débese lembrar que a intención de acosar é, á parte de conseguir información da vítima, un recurso para facerlle a vida difícil ou até imposible.

Gobernos, sobre todo autoritarios e totalitarios, usan o acoso como unha medida para manter o control do seu país mediante unha policía secreta capaz de invadir a vida persoal de cidadáns sospeitosos e buscar evidencias que os poderían incriminar. Grupos como a SS, a Gestapo, a Checa, a FBI, a CIA e a NKVD son exemplos notábeis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Villacampa Estiarte, Carolina, Stalking y Derecho Penal. Relevencia jurídico-penal de una nueva forma de acoso. Iustel, 2009, ISBN 978-84-9890-052-1, p. 14