[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Accesibilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pictograma co símbolo de accesibilidade recoñecido internacionalmente.

A accesibilidade ou accesibilidade universal é o acceso en igualdade das persoas con ou sen discapacidade a calquera espazo, movemento, información ou comunicación.

Refírese ao conxunto de medidas e disposicións que permiten que calquera recurso ou contorno (como páxinas web, caixeiros automáticos, edificacións etc.) sexa accesible e utilizable por todas as persoas, con independencia da súa condición. Significa que unha persoa con discapacidade debería poder utilizar un produto ou servizo para acceder á sociedade ao mesmo nivel que unha persoa sen discapacidade, e considérase un dereito fundamental, garantindo que as persoas teñan igualdade de oportunidades e poidan vivir de forma autónoma.[1]

Fonte adaptada, accesible.

O concepto de accesibilidade aplícase en moitos campos, como a arquitectura, o urbanismo, a medicina, a administración pública, os transportes, entre outros. En todos estes casos, enténdese como un dereito democrático que permite o acceso igualitario a servizos e oportunidades para todas as persoas. Esta reivindicación ten a súa base na Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, especialmente no artigo 9, aprobada en 2006, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008 tras a sinatura de vinte países.[2]

Entre as moitas medidas que se toman para mellorar a accesibilidade encóntranse as ramplas de acceso para persoas en cadeira de rodas ou outros vehículos motorizados; software e hardware adaptados para persoas cegas ou con discapacidade visual severa; subtítulos para persoas que non poden escoitar; lingua de sinais que permite ás persoas xordas comunicarse; braille para persoas cegas entre outros.

Barreiras arquitectónicas

[editar | editar a fonte]
Rampla correcta de calzada de accesibilidade urbana en Teresina, no nordeste brasileiro. Segundo a NBR 9050, a rampla debe ter accesos laterais que non dificulten o tránsito de peóns, e unha pendente adecuada.
Artigo principal: Barreira arquitectónica.

Existen moitos tipos de barreiras que impiden a accesibilidade, pero as máis coñecidas son as barreiras arquitectónicas, xa que están presentes no contorno físico e son as máis evidentes na sociedade. Impiden ou dificultan a mobilidade de todas as persoas, pero afectan especialmente a certos grupos, como as persoas máis vellas, as que están doentes, as mulleres embarazadas, aquelas que precisan cadeiras de rodas.[3]

Páxinas web accesibles

[editar | editar a fonte]

A accesibilidade nas páxinas web significa que as persoas con algunha discapacidade, limitación ou dificultade poidan acceder á información sen barreiras. Moitas persoas acceden ás páxinas web desde contextos moi diversos:

Exemplo de rampla accesible

A atención á accesibilidade non só beneficia ás persoas con discapacidades, senón que tamén facilita a usabilidade e o acceso xeral ás páxinas web.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]