A forza do cariño
A forza do cariño | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Terms of Endearment |
Director | James L. Brooks |
Produtor | James L. Brooks |
Guión | James L. Brooks |
Baseado en | Terms of Endearment de Larry McMurtry |
Intérpretes | Shirley MacLaine Debra Winger Jack Nicholson Danny DeVito Jeff Daniels John Lithgow |
Música | Michael Gore |
Fotografía | Andrzej Bartkowiak |
Montaxe | Richard Marks |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 23 de novembro de 1983 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $8 000 000[1] |
Recadación | $108 423 489 |
Na rede | |
A forza do cariño (en versión orixinal inglesa Terms of Endearment) é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por James L. Brooks que se estreou en 1983. É unha adaptación da novela de Larry McMurtry, e está protagonizada por Shirley MacLaine, Debra Winger, Jack Nicholson, Danny DeVito, Jeff Daniels e John Lithgow. A historia abrangue 30 anos da relación entre Aurora Greenway (MacLaine) e a súa filla Emma (Winger).
O filme recibiu 11 nomeamentos ós Premios Oscar e gañou cinco. Brooks gañou o premio polo mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado, mentres que MacLaine gañou o Oscar á mellor actriz e Nicholson gañou o Oscar ó mellor actor secundario. Ademais, gañou catro Globos de Ouro.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Aurora (Shirley MacLaine) e Emma (Debra Winger) son unha nai e unha filla moi unidas, pero con puntos de vista moi distintos sobre a vida. Aurora, que está viúva, é unha muller temperamental pero de bo corazón, e Emma é unha moza rebelde que está desexando saír de casa e independizarse; o malo é que para conseguilo segue o camiño máis convencional: casar. Pola súa parte, Aurora ten un romance cun exastronauta (Jack Nicholson). A través dos anos, nai e filla intentan sempre buscar o mellor xeito de soportarse e atopar a felicidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shirley MacLaine como Aurora Greenway
- Debra Winger como Emma Greenway Horton
- Jack Nicholson como Garrett Breedlove
- Danny DeVito como Vernon Dahlart
- Jeff Daniels como Flap Horton
- John Lithgow como Sam Burns
- Lisa Hart Caroll como Patsy Clark
- Betty R. King como Rosie Dunlop
- Huckleberry Fox como Ted "Teddy" Horton
- Troy Bishop como Tom "Tommy" Horton
- Shane Serwin como Tom "Tommy" Horton de cativo
- Megan Morris como Melanie Horton
- Tara Yeakey como Melanie Horton de bebé
- Edward Johnson como Norman Bennett
- Jennifer Josey como Emma Greenway de nena
- Kate Charleson como Janice
- Tom Wees como Dr. Budge
- Paul Menzel como Dr. Maise
- F. William Parker como Doutor
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1983: 5 Oscars: mellor filme, director, actriz (Shirley MacLaine), actor secundario (Jack Nicholson) e guión adaptado.
- 1983: 4 Globos de Ouro, incluíndo mellor filme - Drama. 6 nomeamentos.
- 1983: National Board of Review: Mellor filme (ex-aequo).
- 1983: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme, mellor actriz e mellor actor secundario.
- 1983: Premios David di Donatello: Mellor actriz estranxeira (Shirley MacLaine).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A forza do cariño na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1983
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos James L. Brooks
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes rodados en Houston, Texas
- Filmes rodados en Nebrasca
- Filmes ambientados en Texas
- Filmes ambientados en Nebrasca
- Filmes sobre cancro
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes de 1983 con versión en galego