[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A fortaleza escondida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fortaleza escondida
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinal隠し砦の三悪人
Kakushi toride no san akunin
DirectorAkira Kurosawa
ProdutorSanezumi Fujimoto
Akira Kurosawa[1]
Guión
  • Ryūzō Kikushima
  • Hideo Oguni
  • Shinobu Hashimoto
  • Akira Kurosawa[1]
Intérpretes
MúsicaMasaru Sato
FotografíaKazuo Yamasaki[1]
MontaxeAkira Kurosawa
EstudioToho[2]
DistribuidoraToho Company Ltd.
Estrea 28 de decembro de 1958
Duración139 min.[2]
Orixe Xapón
XéneroAcción, Jidaigeki
Na rede
IMDB: tt0051808 Filmaffinity: 262804 Allocine: 12977 Rottentomatoes: m/1009583-hidden_fortress Allmovie: v22325 Metacritic: movie/the-hidden-fortress TV.com: movies/hidden-fortress Netlix: 60023023 Editar o valor en Wikidata

A fortaleza escondida[3] (隠し砦の三悪人 Kakushi toride no san akunin?, lit. "Os tres viláns da fortaleza escondida") é unha película de aventuras jidaigeki[4] do ano 1958 dirixida por Akira Kurosawa e protagonizada por Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta e Misa Uehara como a princesa Yuki.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dous campesiños farrapentos, Tahei (Minoru Chiaki) e Matashichi (Kamatari Fujiwara), que escaparon tras ser capturados polo exército de Yamana e obrigados a enterrar os mortos da guerra contra o exército Akizuki, discuten polo camiño e deciden separarse mais son capturados novamente e obrigados a escavar canda outros prisioneiros na procura do ouro do castelo Akizuki.

Conseguen escapar de novo cando os prisioneiros se sublevan. Ó outro día encontran a carón dun río dúas pezas de ouro marcadas co brasón de Akizuki e á noite atópanse cun misterioso home que os leva a unha fortaleza oculta. Este home, que di ser o xeneral Makabe Rokurōta (Toshiro Mifune) do exército derrotado Akizuki, custodia o ouro perdido do castelo Akizuki. Confiando na cobiza dos campesiños polo ouro Rokurōta pretende atravesar o territorio Yamana contando coa súa axuda; tentarán chegar a Hayakawa onde o señor do territorio lles prometeu protección. Canda eles viaxará a princesa Yuki (Misa Uehara) que se fará pasar por unha moza muda para non ser descuberta.

Mapa que Tahei debuxa no chan para explicarlle a Rokurōta o plan que concibiu con Matashichi para chegar desde Akizuki a Hayakawa pasando por Yamana.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Toshiro Mifune como o xeneral Makabe Rokurōta
  • Minoru Chiaki como Tahei
  • Kamatari Fujiwara como Matashichi
  • Misa Uehara como a princesa Yuki
  • Susumu Fujita como o xeneral Hyoe Tadokoro
  • Toshiko Higuchi como muller vendida como escrava

Influencia

[editar | editar a fonte]

George Lucas recoñeceu a influencia que tivo A fortaleza escondida na súa película A guerra das galaxias, particularmente dende a perspectiva de C-3PO e R2-D2.[5] O argumento desenvolvido por George Lucas para A guerra das galaxias tiña inicialmente gran similitude coa trama de A fortaleza escondida.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 Galbraith IV (2008), p. 311
  2. 2,0 2,1 Galbraith IV (2008), p. 152
  3. "A TVG comeza hoxe un ciclo adicado a Akira Kurosawa e ao seu actor icono, Toshiro Mifune". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  4. White, Armond (21-5-2001). "The Hidden Fortress". Criterion Collection. Consultado o 19-12-2018. 
  5. Kamiski, Michael (2007). The Secret History of Star Wars (PDF) (en inglés). pp. 47–48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  6. Stempel, Tom; Dunne, Philip (2000). Framework: A History of Screenwriting in the American Film (3ª ed.). Syracuse, Nova York: Syracuse University Press. p. 154 e 204. ISBN 0815606540. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]